DIA MUNDIAL CONTRA A HOMOFOBIA

O 17 de maio celébrase o Día Mundial contra a Homofobia, polo que dentro do Plan Proxecta como centro participante no Querote + os alumnos e alumnas de 3º e 4º de ESO vimos o documental "Transexualidade en Irán" e reflexionamos sobre a homosexualidade en diferentes países, no noso propio entorno e sobre como en algúns lugares se chega a considerar unha enfermidade, como é o caso de Irán. O documental podedes atopalo en YouTube, aquí vos deixamos o enlace.