EXPOSICIÓN "Á VIOLENCIA DE XÉNERO DILLE NON" dentro do Plan Proxecta por 365 días de Igualdade

Dentro do Plan Proxecta "365 días de igualdade" o centro ofrece para alumnado e familias unha exposición de cartaces para visibilizar e e crear conciencia social ante relacións que non estean baseadas no respecto, na liberdade e na igualdade. Non podemos permitir relacións afectivas nin sociais nas que se presenten comportamentos discriminatorios que son sinais de violencia machista e que anticipan outras manifestación máis graves do maltrato. Somos persoas libres e non podemos permitir que a nosa parella controle o que facemos, que critique a nosa forma de ser ou vestir, que nos separe das nosas amizades. Por iso, Á VIOLENCIA DE XÉNERO DILLE NON!