ORIENTACIÓNS SOBRE A ORTOGRAFÍA ESCOLAR

A ortografía é un conxunto de normas que regulan a escritura e unha das tarefas máis complexas para os nenos e nenas.
A adquisición da ortografía é un longo aprendizaxe que arranca en Primaria. Hai que aprender moitas regras e as familias e o profesorado teñen que armarse de paciencia porque a súa aprendizaxe é complexa.

POR QUE OS NENOS  E NENAS COMETEN FALTAS DE ORTOGRAFIA?
* A falta de atención á hora de redactar failles cometer erros graves. A proba desto é que cando se lles ensina o erro importante que escribiron eles mesmos, sorpréndense.
* A falta de memorización da regra ortográfica porque non teñen ou non se lles ensinan estratexias de aprendizaxe para retelas.
* Pronunciar mal determinadas palabras ("armario" por "almario") xa que normalmente escribimos como falamos.
* A escritura abreviada que os e as xóvenes utilizan  para escribir nos móviles e nas redes sociais é erróna e pouco correcta e sería un factor máis que inflúe.
* O escaso tempo de lectura que lle adican hoxe en día os nenos e nenas.

QUE PODEMOS FACER PARA AXUDAR AOS NOSOS FILLOS?
- Xogar coas listas de palabras; por exemplo, inventar unha frase divertida cunha palabra, buscar outras palabras que rimen, etc.
- O ditado como exercicio para traballar o hábito da escritura que é fácil de realizar en casa. O proceso sería:

  • o neno repite e vocaliza correctamente a palabra ou a frase
  • explica o seu sentido e non o sabe explicámosllo.
  • o seu cerebro evoca a imaxe gráfica.
  • escríbea.

Aproveitando podemos ditar palabras da mesma familia. Un ditado diario ao menos dous ou tres semanais en casa sería recomendable para o dominio ortográfico.
- Os exercicios de creación de narracción, cartas, adiviñas, poemas, trabalinguas, cómics, etc. con temas atractivos e motivadores.
- O diccionario debe ser unha ferramenta necesaria para comprobar a forma da palabras e relacionala con outras da súa familia léxica.
- Buscar palabras derivadas dunha mesma raíz (vidro, vidroso, vitrina,...).
- Traballar cada palabra con todos os sentidos (oir a palabra - imaxinala e escribila destacando as letras e presenten dificultade - escribir outras palabras da mesma familia- poñela en carteis,facer fichas que levan a palabra, et.
- Fomentar a lectura xa que polo xeral os lectores habituais teñen máis facilidade para a ortografía. Cos que non len podemos seguir camiños hacia ela como xogos en Internet, revistas, etc.
- Animar ao neno/a a crear textos como tarxetas de invitación, menús de festa, poesías, acrósticos, etc.

PÁXINAS E APLICACIÓNS WEB
O PUNTO SOBRE A I: www.contenidos.educarex.es/mci/2006/08/html/menu.htm
PARCHÍS ORTOGRÁFICO: www.contenidos.educarex.es/mci/2007/29

Buscando en Google:
WEB VEDOQUE
OROGRAFÍATE
ORTODIVER