CONSELLOS PARA AS FAMILIAS: COMO AXUDAR NOS ESTUDOS

Cando falamos de estudos referímonos a todo o que ten que ver co traballo escolar: facer as tarefas, traballos, resumos, repasar e propiamente estudar ou asimilar contidos. 

É importante ter presente que os estudos son responsabilidade de cada neno ou nena aínda que a nai e o pai poidan colaborar:

1. VALORAR OS ESTUDOS: Trasmitindo expectativas positivas, dándolle a prioridade que teñen na vida dos rapaces e rapazas, valorando os logros, prestándolles atención, etc.

2. GARANTIR UNHAS CONDICIÓNS MÍNIMAS: Unhas axeitadas pautas de sono e alimentación para afrontar o traballo intelectual, facilitar un espazo de estudo na casa con temperatura, iluminación e silencio axeitados e sen distraccións, evitarlles interrupcións durante o tempo de estudo e proporcionarlle unha estabilidade emocional na vida do neno/a.

3. ELABORAR UN HORARIO DE ESTUDO: no que se inclúan as diferentes actividades que ocupan ao neno ou nena e un tempo diario para estudar. Este horario é unha referencia aínda que en ocasións se permita modificalo. De forma orientativas os tempos de estudo por idades son:

1º ciclo de Primaria 6-7 anos  sobre 40 minutos
2º ciclo de Primaria  8-10 anos entre 60 e 90 minutos
3º ciclo de Primaria 11-12 anos alrededor de 90 minutos
En ESO 12-16 anos entre 90 minutos e 2 horas

4. SUPERVISAR: cumprimento do horario de estudo, da realización das tarefas, de animalo e eloxialo, revisar os cadernos por se hai algunha observación do profesorado, etc.

5. AXUDAR A ORGANIZARSE: a preparar o necesario para o día seguinte, a usar a axenda, establecer prioridades entre as tarefas pendentes, ...

6. MANTER CONTACTO CO COLEXIO: como forma de previr posibles dificultades. Como mínimo sería aconsellable unha entrevista cada trimestre aínda que non exista ningún problema. 

7. OFRECER AXUDA DIRECTA: facilitar información, axudar a interpretar as instruccións dunha tarefa, comprobar se asimilaron un contido,... pero NUNCA  sustituir, nin solucionar os problemas polo fillo ou filla.

8. PROMOVER OUTRAS APRENDIZAXES: fomentar a lectura, mellorar os idiomas, profundizar no uso das novas tecnoloxías, visita a museos, actividades culturais, etc.