CONSELLOS PARA AS FAMILIAS DE ANIMACIÓN Á LECTURA

 

- UNHA PEQUENA BIBLIOTECA NA CASA.

Ou polo menos un lugar no seu cuarto inde ir gardando libros de lectura, de consulta, as revistas que lle gusten,...

- NON SE DEBE OBRIGAR A LER

O mellor é amosar, suxerir, ensinarlles,... aqueles libros que nos parecen axeitados para que se divirtan e aprendan.

- LER XORNAIS, REVISTAS E CÓMICS

A lectura non é so de libros.

- REGALAR LIBROS

Facelo axudará a que os vexan como algo valioso e importante. Tamén se pode utilizar o libro como premio en algunhas ocasións.

- NON ENFRENTAR A LECTURA CON OUTRAS ACTIVIDADES (Música, cine, deporte, videoxógos,..)

Non deben presentarse como contrapostas senón como complementarias que se enriquecen entre si. Cunha boa organización hay tempo para todo.

- VISITE LIBRERIAS 

Tamén bibliotecas, feiras do libro, etc.

- HAI QUE DAR EXEMPLO: QUE NOS VEXAN LER

Así aprenden a valorar máis a lectura porque é un hábito presente na súa casa.