RECOMENDACIÓNS DE LECTURAS PARA O NADAL

EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA

A RAIOLAAntonio Ventura. Leticia Ruifernández

Pablo só desexa unha cousa con todo o seu corazón: que Marta o queira. Por iso, cando os nenos xogan á raiola no patio do colexio, Pablo esfórzase por gañar, chegar á casilla do ceo e  pedir que ese amor se faga realidade. Un relato esperanzador.

 

CRISPÍN, O PORQUIÑO QUE O TINA TODO. Ted DEWAN.

Este libro conta a historia dun porquiño que tiña todos os xoguetes do mundo, pero cansábase moi pronto dele e rompíaos. 

Un día Crispín recibiu un regalo moi grande cunha nota na que se podía ler: "esta caixa contén o mellor regalo do mundo" Crispín abriuna e...vos invitamos a que sigades lendo o conto.

ADIOS MANOPLAS. Benjamin Chaud

O neno medrou e a súa mascota Manoplas xa non lle interesa. Manoplas é un coello bobalicón e lento que aburre ao neno polo que decide abandonalo á súa sorte no bosque. Desprenderse do coello non é unha tarefa fácil pero por sorte o neno reflexionará e verá as cousas doutra forma. Un libro que invita a reflexionar sobre as responsabilidades de ter unha mascota.


OS NENOS NON QUEREN A GUERRA. Eric Battut
Que fermoso era aquel país onde se instalaran! Alí construiran dous castelos, un tan bonito coma o outro. Pero un día, os dous reis decidiron declararse a guerra. Podédes crer que todo empezou por culpa dun páxaro? Un libro infantil que reflicte de manera sutil a absurdidade da guerra, e dos motivos que xeneran os conflitos. Este orixinal álbum fará reflexionar aos máis pequenos.

 

FERMÍN E OS REIS MAGOS. Antonio Vicente e Carme Quera
Fermín é un neno como moitos que coñecemos que desexa moitas cousas. Cada Nadal Fermín escribe aos tres reis magos e lle pide a cada un cousas distintas. A Melchor pídelle bonecos, balóns, golosinas… A Gaspar lle pide … e a Baltasar lle pide…. Pero os tres reis que son uns reis tan magos como os que máis, saben que non lle poden dar a Fermín todo o que pide. É demasiado!

NADA? Patrick McDonell.

Gato quere facer un regalo especial para o seu amigo can, pero, qué regalar cando un xa ten de todo... Unha fermosa reflexión sobre estes tempos de consumo.

EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA

Kafka é a boneca viaxeira texto baséase nunha historia real acontecida a Franz Kafka un ano antes da súa morte. Paseando por un parque de Berlín, o autor atopou unha nena que choraba desconsolada porque perdera a súa boneca. Para calmar a pequena, Kafka contoulle que a boneca marchara de viaxe, e el, convertido en carteiro, tiña unha carta que lle levaría ao día seguinte ao parque. Durante tres semanas, o escritor checo estivo escribindo e levando cartas á mociña, narrando as peripecias da extraordinaria boneca deste todos os rincóns do mundo.

A PRIMEIRA TARDE DESPOIS DE NADAL. Marta Rivera de la Cruz. 

 

Terminou o Nadal e os irmáns (sempre peleados) Marta e Nacho van visitar á "tía Melinda", unha amiga da súa avoa á que non coñecen e da que só recibiron regalos. Unha vez alí, Melinda fará detenerse aos reloxos e lles irá facendo pasar a distintas habitacións cheas de xoguetes, manualidades, chucherías, disfraces... Todo é máxico, hai catro xardíns un por cada estación do ano, nos que patinan sobre xeo se columpian ou se bañan.

Pero hai unha habitación, a do Nadal Eterno, que conserva todo o que fai especial ao Nadal e que só debe permanecer aberta mentras dure esta.

THI THEM E A FÁBRICA DE XOGUETES. Françoise Guyon.

Thi Them é unha nena que vive nun pequeno pobo pescador de China, pola mañá vai á escola e polas tardes axuda á súa familia a remendar redes de pesca. Pronto a súa vida cambia e deixa o que facía para ir a traballar a unha fábrica de xoguetes.