SEMANA DA ÁRBORE E DA AUGA

Aínda que nos queda pendente a nosa tradicional actividade de prantar unha árbore, este ano toca ameneiro, porque a neve non nolo permitiu por agora, non nos esquecemos de que esta semana está dedicada ás árbores e a auga. O luns tivemos un pequeno obradoiro sobre a mel no que nos falaron dos tipos de abellas, cómo se extrae o polen das colmeas, con que traxes,...e ata cata de mel cun pequeno recordo para a casa. O venres visitáronnos, grazas a unha actividade promovida dende a ANPA, dous axentes forestais e tivemos outro obradoiro con sementes de diferentes árbores: faias, piñeiros, castiñeiros, cedros,... que nos mesmos prantamos. A ver cantas árbores conseguimos coidar....