INSTRUCIÓNS SOBRE O FONDO SOLIDARIO DE LIBROS PARA AMPLIACIÓN DE EXISTENCIAS CENTROS PÚBLICOS TITULARIDADE DA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA.

Ao obxecto de ampliar o nivel de cobertura do fondo solidario de libros de texto, regulado pola Orde do 21 de maio de 2015 (DOG do 1 de xuño), e garantir que o alumnado admitido con renda per cápita poida dispoñer de libros de texto a través do fondo, os centros deberán adquirir os libros de texto que complementen os xa existentes no fondo.

A adquisición realizarase con cargo á partida de gastos de funcionamento para o alumnado admitido cunha renda per cápita igual ou inferior a 9.000 €.

Renda per cápita ata 5.400 €: 6 libros.
Renda per cápita desde 5.400,01 € ata 9.000 €: 4 libros.

Así mesmo, o importe máximo por libro será:
Educación primaria: 30 €
Educación secundaria obrigatoria: 35 €

En Primaria a partir do día 23 os centros poderán comprobar a asignación de libros para cada alumno/a e proceder á súa adquisión a cargo dos gastos de funcionamento do centro.

En ESO o proceso terá lugar en Setembro coa publicación definitiva do fondo de libros para Secundaria.