DEVOLUCIÓN LIBROS DE TEXTO

Recordade que o venres 19 de xuño será a data tope para devolver os libros de texto adquiridos o ano pasado. Aquel alumno/a que non o devolva ou que o faga nun estado non aceptable para o seu uso o próximo curso, NON PODERÁ SOLICITAR NIN RECIBIRÁ as axudas para o libros de texto ou os libros do Fondo Solidario, segundo cada caso, no curso 2015-16.

No caso de que existan discrepancias entre os libros que debe devolver e os comprados, será necesario presentar a factura da librería.