AVALIACIÓN POR COMPETENCIAS EN 3º PRIMARIA

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoucou para os días 27 e 28 de Maio as probas de avaliación individualizada de 3º de Primaria para todo o alumnado dos centros escolares da Comunidade Autónoma de Galicia. 

O obxectivo é comprobar o grao de dominio das destrezas, capacidades e habilidades en:

- Expresión e comprensión tanto ORAL como ESCRITA, no caso de Galicia en ambas linguas: galego e castelán.
- Cálculo e resolución de problemas.
Polo que non se avalían materias específicas senón competencias concretas

Os resultados das probas NON terán efectos académicos, NON COMPUTAN, xa que non se trata dunha reválida.

Os resultados das probas serán de USO INTERNO e terán un CARÁCTER INFORMATIVO E ORIENTADOR para:

- Alumnado e familias, axudando a detectar dificultades de aprendizaxe.
- Centros, axudando a mellorar os procesos de docencia e aprendizaxe.
- Administración Educativa.