CONVOCADAS AS AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2014-15

Convocadas as axudas para a adquisición de libros de texto destinadas ao alumnado matriculado eneducación primaria, en educación secundaria obrigatoria ou en educación especial, en centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, para o seu uso no curso escolar 2014/2015.

As principais novidades desta convocatoria son:

1. A finalidade das axudas é a adquisición exclusivamente de libros de texto (non se pode adquirir con cargo ao vale material didáctico nin complementario).

2. O alumnado ten a obriga de conservar en bo estado os libros de texto adquiridos na súa integridade con cargo ao importe das axudas, así como incorporalos,  ao rematar o curso escolar 2014/2015 (xuño ou setembro, segundo o caso), a un fondo solidario que se constituirá no centro (banco de libros).

Para máis información consultade a páxina da Consellería.

Prazos:
- Primaria:2 de xuño a 2 de xullo.
- ESO: 25 de xuño a 28 de xullo. Para o alumnado con pendentes para setembro: do 2 de setembro ao 2 de outubro.