PROCESO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA O CURSO 2014-2015: Do 6 ao 20 de Marzo

O alumnado que está matriculado no centro ten garantía de permanencia, polo que o cambio de curso, ciclo ou etapa non requerirá un novo procedemento de admisión, agás no caso do alumnado de 4º de ESO ou de cambio de centro educativo.

O alumnado que solicite posto escolar por primeira vez presentará o seguinte documento no centro (estará tamén dispoñible no centro):

ANEXO II da Orde do 12 de marzo de 2013 de procedemento de admisión en centros públicos e concertados de Galicia

O PRAZO DE PRESENTACIÓN será do 6 AO 20 DE MARZO DE 2014 ambos inclusive. 

A solicitude de admisión deberá ir acompañada da documentación que acredite a idade do neno ou nena e deberá ser ORIXINAL OU COPIA COTEXADA.

A solicitude pode ter unha relación de ata 6 centros, en orde de preferencia, e presentarase no centro que se indica en primeiro lugar. SO SE PRESENTARÁ UNHA ÚNICA SOLICITUDE.