8 M DÍA INTERNACIONAL DA MULLER plan proxecta

 


DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

 

TODOS XUNTOS para facer máis forza, dende os pequeniños ata os maiores (CAM de Pedrafita) conmemorando esta data tan importante para as mulleres. Pura,  en representación dos maiores, leu un manifesto marabilloso, os alumnos da ESO, presentaron os seus traballos artísticos mediante unha  exposición pictórico-poética, da man dos departamentos de linguas ( Haikiños ilustrados con temática  reivindicativa); da man do departamento de ciencias, un precioso calendario destacando o importante papel da Muller na Ciencia; e da man do departamento de tecnoloxía, un fantástico proxecto conxunto en forma de poster cheo de significativas palabras. E para finalizar, o noso XA máis ca famoso himno, REVÍRATE XA! amenizado con saborosas  lambetadas. Sen dúbida,  un día para non esquecer!!