FOLGA POLA EDUCACIÓN 24 DE OUTUBRO DE 2013

 

Este xoves 24 de outubro está convocada unha folga xeral en tódolos sectores da comunidade educativa: familias, profesorado, alumnado,...

O centro permanecerá aberto aínda que parte do profesorado secunde a folga. Funcionarán os servizos mínimos e atenderase a todo o alumnado que asista, aínda que non poderán desenvolverse con normalidade as clases, senón en función dos recursos do centro.

Os alumnos e alumnas que non acudan ao centro terán que entregar a xustificación de falta de asistencia excepto no caso de 3º e 4º de ESO, cursos nos que será suficiente entregar con antelación a folla firmada pola familia de que farán folga.