CELEBRACIÓN DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O pasado luns 29 conmemoramos o día contra a violencia de xénero no noso centro. O acto comezou coa lectura dun manifesto por parte de Carla, a alumna de 4º. Despois, todos os alumnos deixaron a súa pegada no nome de todas as vítimas de violencia deste 2021. Por outra banda, as alumnas Sofía Carrete e Laura Viña representaron A piragua, unha peza teatral pertencente ao libro Media vida de Candido Pazó. O acto finalizou coa interpretación da canción Que non mo neguen de Tanxugueiras, na que o alumnado tocou uns pandeiros moi especiais, feitos por eles mesmos nun taller con Xosé Maceda, e decorados en conmemoración a este día.

Grazas a todos/as por participar e a seguir loitando pola supresión da violencia de xénero na nosa sociedade.