blogue deBenjamin

SAMAÍN 2022

RENOVACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR 2022

Ó longo do mes de novembro toca a renovación do Consello Escolar e consecuentemente as reunións da Xunta electoral e mesas electorais. Iremos informando (web, Abalar e tablón de anuncios) do proceso a medida que se vaian realizando as Xuntas Electorais.

De momento, envío a primeira circular informativa do sorteo público, para conformar a Xunta Electoral, que será o martes día 25 de outubro ás 11:25, na biblioteca; por si algún/algunha de vos quere estar presente. 

Moitas gracias.

DATAS AVALIACIÓNS 2022 / 2023

VISITA RESIDENTES CAM PEDRAFITA E DEGUSTACIÓN DE ROSQUILLAS

O pasado venres día 14 de outubro tivemos a gran sorte de recibir a visita dunha representación dos usuarios e usuarias do Centro de Maiores de Pedrafita do Cebreiro, CAM Manuel Villasol. Trouxeron unhas rosquillas feitas por eles e elas, como agasallo para os nosos nenos, puidendo disfrutar así de un rato moi agradable cheo de anécdotas e sorrisos. Dende o CPI Uxío Novoneira queremos agradecer enormemente este momento e convidar aos maiores do noso pobo á celebración do Magosto e esperamos que a un montón de actividades máis.

FESTIVAL FIN DE CURSO 2021/2022

PULPADA E CHURRASCADA FIN DE CURSO 2021/2022

O pasado día 21 de xuño, tódolos alumnos/as do centro baixamos a gozar da feira de Pedrafita e como non podía ser doutro xeito, do pulpo e o churrasco, para despedir o curso. Unha gozada poder compartir todos xuntos unha comida, acompañados/as dos nosos queridos veciños e veciñas.

LISTAXE LIBROS DE TEXTO PARA O VINDEIRO CURSO2022/2023

Boas familias, publicamos a listaxe de libros para o vindeiro curso 22/23.

Recordade que estamos de 10:00 a 13:00.

Moitas gracias, un saúdo.

CAMPIONATO PROVINCIAL DE ORIENTACIÓN ESCOLAR

O PASADO 30 MARZO O ALUMNADO DA ESO PARTICIPOU NO CAMPIONATO PROVINCIAL DE ORIENTACIÓN ESCOLAR, CELEBRADO NO PARQUE DE FRIGSA EN LUGO. UNHA XORNADA DE MOITAS CARREIRAS NA QUE TIVERON QUE ORIENTARSE CUNS MAPAS DA ZONA E APRENDER A ENCONTRAR AS BALIZAS CORRESPONDIENTES E VALIDAR CADA UNHA DE ELAS. TODO NO MENOR TEMPO POSIBLE. ADEMAIS, COMPARTIRON A XORNADA CON MAIS COLES DA PROVINCIA (BECERREA, LEIRAS PULPEIRO, GUITIRIZ...) POLO QUE RESULTOU SER UN DÍA REDONDO COMPARTINDO EXPERIENCIAS, TODO BAIXO O AMPARO DA ACTIVIDADE FÍSICA E O DEPORTE.

 

ETAPA O PINO - SANTIAGO

Distribuir contido