blogue deBenjamin
POEMAS LITERARIOS POLA PAZ
Enviado por Benjamin o Lun, 06/02/2023 - 11:58O alumnado da ESO recitou uns poemas pola conmemoración do día da PAZ, diante do mural de Picasso "La Paz", realizado polo profesor Javier Rey. Un rato de convivencia e solidariedade de todo o alumnado do noso centro no que se traballaron valores tan importantes como a paz, a solidariedade e o respecto.
CAMPIONATO DE TENIS DE MESA XOGADE EN BECERREA
Enviado por Benjamin o Lun, 06/02/2023 - 11:52O pasado día 1 gozamos dun día de deporte e convivencia espectacular no IES de Becerreá, esta vez participamos no campionato de tenis de mesa, un deporte apaixonante e moi divertido que nos fixo pasar momentos moi agradables ao longo da xornada. Ademais, tivemos a sorte de contar coa visita dun Campión do Mundo deste deporte, o lucense José Manuel Abelairas, que realizou unha desmostración xunto con outro adestrador do club ao que pertencen. Agora emprazámonos para o terceiro trimestre, no que o protagonista será o baloncesto.
AVISO POR METEOROLOXÍA : SUSPENSIÓN DO SERVIZO DE TRANSPORTE PARA MÉRCORES 18 DE XANEIRO 2023
Enviado por Benjamin o Lun, 16/01/2023 - 18:30A Consellería suspendeu o servizo de transporte para todo o día de mañá mércores 18, iso non implica a suspensión das clases, esa é unha decisión do equipo directivo salvo que a Consellería publique outro comunicado. Neste caso, vista a previsión para o mércores, o máis probable é que se suspendan as clases. De tódolos xeitos, en canto podamos, trasladaremos a decisión a tódalas familias. Moitas gracias e disculpade de novo as molestias.
LOTERÍA NADAL
Enviado por Benjamin o Ven, 18/11/2022 - 14:01Bo día familias,
-Xa tedes na administración de Pedafrita, lotería de Nadal do colexio.
Moitas gracias.
XOGADE BÁDMINTON ESO EN SAN ROMÁN DE CERVANTES
Enviado por Benjamin o Xov, 17/11/2022 - 20:32PUBLICACIÓN DAS CANDIDATURAS PARA A COMPOSICIÓN CONSELLO ESCOLAR
Enviado por Benjamin o Xov, 17/11/2022 - 14:29No día de hoxe, tras celebrarse a 2ª reunión da Xunta Electoral, publícanse as candidaturas dos distintos sectores de representación no Consello Escolar.
A votación do representante dos pais / nais ou titores legais terá lugar o vindeiro xoves 24 de novembro de 12:30 a 14:30 na biblioteca do colexio.
Anímovos a participar.
Grazas.
CALENDARIO E MODELO DE CANDIDATURA PARA A RENOVACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR
Enviado por Benjamin o Xov, 03/11/2022 - 19:31En relación á renovación do Consello Escolar, publícanse os seguintes documentos:
-Circular explicando o calendario para a renovación do Consello Escolar
-Convocatoria e explicación da elección dos representantes de pais /nais ou titores/as legais
-Modelo de candidatura de pais /nais de alumnado
O modelo de candidatura pódese descargar da páxina web ou recollelos no colexio, e será remitido unha vez cuberto ó presidente da Xunta Electoral (director do centro) a través da secretaría do centro.
