DATAS DOS EXAMES DE SETEMBRO

DATAS EXAMES DE SETEMBRO:
 

2 DE SETEMBRO DE 2013:

                             Tecnoloxía................10:00 h

                              Inglés.....................11:00 h

DOCUMENTAL "150 ANOS DE CANTARES GALLEGOS"; UNHA HOMENAXE DO COLE A ROSALÍA

Aquí vos queda o documental que o profe Lorenzo, coordinador do EDLG, en colaboración con todo o alumnado do centro e dos profes Fátima, Marisa e Juan, elaborou para o día das Letras Galegas e que puidemos ver no Festival de Fin de curso:

VÍDEO DA OBRA DE TEATRO DE PRIMARIA "AS LARANXAS MÁIS LARANXAS DE TODAS AS LARANXAS"

Aquí tedes por fin parte da obra de teatro representada polos nenos e polas nenas de primaria o día do Festival de Fin de Curso para que poidades botar unhas boas risas recordando divertidos momentos.


FESTIVAL DE FIN DE CURSO CON SORRISOS, RISAS E BÁGOAS

Despedimos este curso cheo de bos momentos, malos, neve, esforzo, novidades, cambios,... co festival de Fin de Curso. 

EXCURSIÓN PASADA POR AUGA: CERCEDA E MARINERA CITY

Onte, xoves 20 de xuño, repetimos o Aquapark como destino da saída de fin de curso para todo o centro, pero esta vez non puidemos gozar tanto dos tobogáns e da auga das piscinas, senón que a choiva foi a sustancia líquida que nos acompañou toda a viaxe e nos obrigou a facer un cambio de plan.

FESTIVAL DE FIN DE CURSO

O venres día 21 de xuño celebramos o Festival de Fin de Curso ao que queremos invitarvos a todos e a todas.

Empezamos con Educación Primaria que nos representará "As laranxas máis laranxas de todas as laranxas" de Carlos Casares.

PROXECTOS REALIZADOS POLO ALUMNADO DE SECUNDARIA

Os alumnos e alumnas de ESO fixeron "pequenos-grandes" proxectos nas materias de Tecnoloxía e Proxecto Disciplinar. 

Na entrada do colexio temos unha pequena exposición para que todos poidades ver máis de cerca estes inventos.

SAIDA DE SECUNDARIA Á COSTA DA MORTE

O xoves 5 de xuño os alumnos e as alumnas de ESO, xunto con Marisa e Javi, atravesamos gran parte da xeografía galega para visitar a Costa da Morte. A viaxe foi longo pero mereceu a pena para poder gozar de paisaxes tan fermosas como as que podedes ver na GALERIA.

XORNADA DE CONVIVENCIA CO CEIP AS NOGAIS

Na GALERÍA DE FOTOS podedes ver unha pequena mostra da xornada de convivencia o venres 14 de xuño no cole cos rapaces e rapazas do CEIP de As Nogais.

Distribuir contido