CARTA AO COLE EUSEBIO MARTÍNEZ DE MURCIA EXPLICANDO O MAGOSTO


Estes foron os traballos feitos para contestar a unha carta que nos escribiron os alumnos e alumnas dun colexio de Murcia pedíndonos que lles explicáramos que é o Magosto e cómo o celebramos. Como nos dixeron que tiñan dificultades para comprender intentamos que se entendese facilmente.

PROGRAMA XOGADE: Torneo de pin pon en Navia

Onte, mércores 15 de xaneiro o alumnado de Pedrafita, Navia, Cervantes e A Fonsagrada xúntamos para facer unha xornada deportiva. No caso do noso cole xogamos 5º, 6º e 1º de ESO, acompañados polos profes de Educación Fïsica Juan e Javi.

FESTIVAL DE NADAL

 Este ano tivemos un Festival de Nadal do máis animado. Comezamos cun texto de Manuel Rivas “Madonna” lido por Alba e UxÍa e continuamos con panxoliñas, un pouco diferentes e máis “rockeiras” para animarnos. Tamén os alumnos e alumnas de 2º e 3º tocaron coa frauta e a compaña do profe Javi unhas panxoliñas.

VISITA AO BELÉN DE "O CEBREIRO"

Hoxe o alumnado de Infantil e Primaria visitamos o Belén de "O Cebreiro" que a pesar de telo moi cerquiña moitos e moitas de nós aínda nos o viramos. Gustounos moito, especialmente porque o que ten de especial este belén é que está feito con materiais típicos da zona, o que o convirte en único. 

ULTIMA SAÍDA DO 2013 Á CIDADE DE A CORUÑA: PATINAXE E VISITA AO MUNCYT

Por terceira vez neste ano pisamos terras herculinas na primeira saída de todo o centro antes das vacacións de Nadal. Empezamos a visita patinando; este ano a pista era máis pequena pero iso non foi impedimento e acabamos patinando profes e rapaces/rapazas, ata Teo con só 3 aniños, que o fixo moi pero que moi ben.

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO: proxección de PERSÉPOLIS co alumnado de ESO

Este venres pola tarde vimos a película Persépolis sobre unha familia iraní dende os ollos de Marjane, unha nena iraní que vive a revolución Islámica con 9-10 anos e recorda a súa vida, loitas, triunfos,... con 24 anos a punto de abandonar por segunda vez Irán.

Aquí tedes o enlace para vela en youTube:

QUE CELEBRAMOS? BINGO!!! O MAGOSTO

Este xoves 14 de novembro, pouco despois do San Martiño, celebramos o Magosto con novidades.

UN DÍA DE MEDO NO CPI UXIO NOVONEIRA

Como xa avisamos con antelación, o martes tivemos un día de Halloween-Samaín moi pero que moi emocionante e cargado de sorpresas e actividades. O escenario foi a biblioteca do centro, totalmente ambientada e decorado co traballo que todo o alumnado e algún profesor/a realizamos. Tiñamos ata caixas cheas de arañas e ollos pringosos! 

CALENDARIO DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS PARA A VINDEIRA SEMANA

A próxima semana celebraremos no colexio o Samaín/Halloween e o Magosto.

O martes 12 de outubro teremos unha tarde de sustos, medos e tradicións coas actidades que as profesoras de Tecnoloxía, Lingua Galega e Lingua Inglesa prepararon para esta tarde.

Distribuir contido