Secretaría

DEVOLUCIÓN LIBROS DE TEXTO

Recordade que o venres 19 de xuño será a data tope para devolver os libros de texto adquiridos o ano pasado. Aquel alumno/a que non o devolva ou que o faga nun estado non aceptable para o seu uso o próximo curso, NON PODERÁ SOLICITAR NIN RECIBIRÁ as axudas para o libros de texto ou os libros do Fondo Solidario, segundo cada caso, no curso 2015-16.

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2015-2016

O alumnado que está matriculado no centro ten garantía de permanencia, polo que o cambio de curso, ciclo ou etapa non requerirá un novo procedemento de admisión, agás no caso do alumnado de 4º de ESO ou de cambio de centro educativo.

Inicio do procedemento de admisión de alumnado para o curso 2015/2016

De acordo cos prazos establecidos na disposición adicional primeira da Orde de 12 de marzo de 2013, que regula o procedemento de admisión, publícanse os formularios de solicitudes para o curso 2015/16, en galego e castelán:

INICIO DO CURSO 2014-2015

As clases para Educación Primaria e Infantil iniciaranse o mércores 10 de setembro e para Secundaria o luns día 15 en horario de 10 a 15 horas. Os servizos de transporte e comedor funcionarán dende o inicio das clases. O 1 de outubro terá inicio a xornada de mañá e tarde. Moito ánimo e a traballar!! Esperamos que disfrutarades do verán! Vemonos nuns días. 

HORARIO SETEMBRO 1º-4º ESO

Aínda que pode haber algunha modificación aquí están os horarios para o curso 2014-15 de ESO.

LISTADO DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2014-15

BOA PONTE DE ENTROIDO

28/02/2014 00:00
05/03/2014 23:00
Etc/GMT+1

Dende o venres 28 de febreiro ata o mércores 5 de marzo, ambos inclusive, temos uns día de descanso para descansar, coller forzas para acabar o trimestre e desfrutar das festas de entroido. 

Distribuir contido