Novas

Educación comezará a aboar o martes as axudas de comedor escolar para o período no que estean suspendidas as clases presenciais

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional comezará a pagar este martes 14 de abril (só unha semana despois de rematar o prazo de solicitude) as axudas de carácter directo a través das cales aboará os menús dos comedores escolares xestionados pola Administración ás familias con menos recursos mentres estean suspendidas as clases presenciais.

TAREFAS ATA DESPOIS DE SEMANA SANTA

INFANTIL: material que se vai colgando na WEB DE EDUCACIÓN INFANTIL enlazada dende a aula virtual do centro.

1º-3º PRIMARIA:

BOLETÍNS DA SEGUNDA AVALIACIÓN

Os boletíns de Educación Infantil foron enviados na súa totalidade por correo postal ordinario. O resto de boletíns serán enviados a cada familia por vía telemática. Aquelas familias que dispoñan da aplicación móbil ABALAR poderán consultar a avaliación a partir de mañá mércores ás 15 horas.

INICIO DAS CLASES O 11 DE XANEIRO

O día 8 de xaneiro foi elexido polo centro como día non lectivo de elección propia polo que que as actividades lectivas se retomarán o luns 11 de xaneiro de 2021. 

Distribuir contido