Orientación
OBRADOIRO DA CRUZ VERMELLA SOBRE VIOLENCIA DE XÉNERO
Onte celebrabamos o Día Internacional da Muller e reivindicávamos a iguadade de oportunidades, soldo, seguridade,... e hoxe profundizamos na gran lacra social da violencia de xénero ao longo de toda a mañá grazas ao persoal da Cruz Vermella.
FORMACIÓN PROFESIONAL: Ciclos con prazas dispoñibles e sen listaxe de espera
No seguinte enlace podes acceder a unha serie de listaxes que teñen unha finalidade exclusivamente informativa. Foron xeradas o 1 de setembro e con posterioridade os datos poden variar puntualmente debido á resolución de reclamacións e recursos ou ao proceso de matriculación da 1ª adxudicación extraordinaria, nelas poderás consultar os ciclos que teñen prazas dispoñibles e non teñen listaxe de espera.
O prazo extraordinario de presentación de solicitudes de setembro está aberto ata o día 8 ás 13:00 horas.
Presentación "Quérote+"
Os alumnos e alumnas fixeron unha presentación para explicarlle, aos seus compañeiros e compañeiras, o que aprenderon no "Quérote+", como se ve no vídeo que se colgou na páxina web do cole pero co fin de que toda a comunidade poida ver ao seu traballo, aquí está .....
Video "Quérote +": informando as nosas compañeiras e compañeiros
E por fin chegou o gran día, as alumnas e alumnos que participaron no "Quérote+", ao longo de todo o curso, contáronlle aos seus compañeiros e compañeiras o que aprenderon .... e este foi o resultado, espero que vos guste tanto como nos gustou ao profesorado que traballamos neste proxecto.
17 DE MAIO: O CPI UXIO NOVONEIRA CONTRA A HOMOFOBIA E A TRANSFOBIA
O día 17 de maio celebrase o Día mundial da internet e coincidindo na mesma data, o Día contra a homofobia e a transfobia. No centro de Pedrafita do Cebreiro somos conscientes de que o uso das novas tecnoloxías, as redes sociais, internet … son un mecanismo de comunicación e de difusión de mensaxes, que levadas a cabo de xeito responsable e crítico podemos empregar para fomentar o respecto, a tolerancia e o valor da diversidade sexual.
CHARLA INFORMATIVA SOBRE A USC
Hoxe contamos no centro coa presenza de Javier López González, coordinador do Programa A Ponte entre o Ensino Medio e a USC e profesor na Escola Politécnica Superior do Campus Terra de Lugo que veu acompañado de Fernando, alumno do grado de Relacións Laborais e Recursos Humanos, que esta a realizar o Traballo de Fin de Grado.
LIBROS SOBRE EMOCIÓNS E SENTIMENTOS
Sinalo algunhas recomendacións sobre libros nos que se traballan as emocións e os sentimentos. Estes libros fomentaran o gusto pola lectura e ademais axudarannos a aprender a recoñecer e xestionar as emocións.
DÍA INTERNACIONAL CONTRA O ACOSO ESCOLAR
O Día Mundial de Loita contra o "BULLYING" ou o "ACOSO ESCOLAR", conmemórase cada 2 de maio. Trátase dunha campaña que busca combater o "acoso escolar" ou "bullying" e o "acoso na internet ou ciberbullying", un grave problema que afecta a millóns de escolares en todo o mundo e que causa, polo menos, 200 mortes cada ano, xa sexa por homicidio ou por indución ao suicidio cada ano. É dicir, leva a vida de nenos/as e mozos/as en todas partes do mundo.
VISITA AOS CENTROS DE FORMACIÓN PROFESIONAL DE LUGO
- CIFP As Mercedes, neste centro integrado de formación profesional impártense as familias profesionais de “Enerxía e Auga”, “Transporte e Mantemento de Vehículos”, “Instalación e mantemento”; e “Comercio e Marketing” .
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- seguinte ›
- última »