Física e química

VISITAMOS UNHA ZONA QUEIMADA DA NOSA LOCALIDADE

Dentro do Plan Proxecta "O monte vivo" e coa colaboración da USC organizamos unha saída pola localidade para observar e estudar unha zona queimada. Primeiro visitamos un piñeiral, no que puidemos observar como se queimaron os piñeiros silvestres (especie autóctona de Galicia, cousa que tamén aprendemos, ademais de coñecer o piñeiro radiata), observando que o lume non chegou as copas e, polo tanto, concluíndo que non foi un incendio de gran gravidade.

CHARLA DA USC E DOS AXENTES FORESTAIS DA MONTAÑA SOBRE OS INCENDIOS


O mércores 10 de abril recibimos a visita no centro de Beatriz, unha profesora da USC acompañada de varias alumnas coas que está a traballar sobre a problemática dos incendios, para reflexionar e debater co alumnado de Secundaria sobre a problemática dos incendios: causas, consecuencias, tipoloxía de incendios, plan de actuación tras os incendios, etc. 

CINE EN LUGO CO COUREL: BARBACANA


O xoves día 14 de marzo continuamos de ruta. Visitamos a cidade lucense para ver Barbacana, unha produción española de Arturo Menor rodada entre 2016 e 2018. Nela tres historias entretécense. Por un lado trata de filmar aos lobos en plena natureza, por outro a vida dunha manada (asistindo ao nacemento de novos cachorros, a vida cotiá do clan, etc.) e por último unha achega á realidade social do lobo, coas paixóns e odios que levanta, con gandeiros a favor e en contra.

SEGUNDO E TERCEIRO DÍA NO PAÍS VASCO

Onte foi día de folga, pero hoxe xa estamos para amosarvos os lugares que visitamos este venres e sábado no País Vasco. Onte visitamos Bermeo para iniciar dende alí unha ruta ata San Juan de Gaztelugatxe, un total de 18 km. Pola tarde visitamos o Xeoparque da Costa Vasca, que é un pequeno territorio de costa e montaña nos municipios de Deba, Mutriku e Zumaia, na que destaca o Flysch (unha formación de capas de rochas sedimentarias), toda unha fonte de información biolóxica e xeolóxica. 

CHARLA PARA ESO SOBRE A AGUIA REAL

Este venres foi un día de moitas visitas ao alumnado de ESO, despois da TRADESCOLA pola tarde tivemos unha visita organizada polo departamento de Bioloxía e Xeoloxía a raíz da proposta da Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia de realizar unhas charlas divulgativas sobre a situación da aguia real

Distribuir contido