Educación física

APRENDEMOS PRIMEIROS AUXILIOS GRAZAS A ANPA

Dende este curso contamos por primeira vez en anos con ANPA e tivemos a sorte de que nos organizara unha interesante actividade como é aprender a realización dos primeiros auxilios (RCP ou reanimación cardiopulmonar, posición lateral de seguridade e a maniobra de Heimlich para os atragantamentos). Grazas a Inés e Teresa xa podemos empezar a salvar vidas. Moitisimas grazas a elas e a ANPA.

XOGAMOS UNHA DE PING PONG?

Un ano máis xunto cos outros centros do contorno participamos nas actividades do programa XOGADE consistentes en torneos de ping pong entre o alumnado dos diferentes centros no CPI de Navia de Suarna. Este ano non houbo quen nos parase, dende que temos un espazo praopio para entrenar, somos unhas estrelas da raqueta!! Mirade que profesionais...

SAÍDA A LUGO DA ESO: 1º E 2º PADEL E FUTBOL INDOOR/ 3º E 4º CHARLA EMPRENDER CON ÉXITO NO POLITÉCNICO

Os alumnos e alumnas de Secundaria pasaron a mañá do 29 de abril en Lugo. 1º e 2º tiveron unha mañá maís deportivas coas actividades de padel e fútbol indoor organizadas polo profe de Educación Fïsica.

PROGRAMA XOGADE: Torneo de pin pon en Navia

Onte, mércores 15 de xaneiro o alumnado de Pedrafita, Navia, Cervantes e A Fonsagrada xúntamos para facer unha xornada deportiva. No caso do noso cole xogamos 5º, 6º e 1º de ESO, acompañados polos profes de Educación Fïsica Juan e Javi.

Reglamento tenis de mesa 2013/14

 

 

ACCEDE AO DOCUMENTO EN PDF:

Distribuir contido