Ed. Primaria- 3º Ciclo

Disque TV- 20º emisión

Miña naiciña, xa chegamos a vixésima emisión. Quen no lo diría en setembro.

Pois para celebralo ofrecémosvos viaxar con Moraña No Mundo. Veredes que os morañeses están por todos os lados.
Esperamos que sexa do voso agrado.

 

Disque TV- 19º emisión

Hoxe en HFC temos unha entrevista especial, xa que cando estabamos a preparar a entrevista a Claudia a mestra de Audición e Linguaxe do centro enterámonos que para o vindeiro curso ela estará adicada ao os nenos e nenas do EEII do milladoiro.

Ademais tamén emitimos Disque noticias con algunha cousa que pasou non centro.

Botádelle un vistazo.

 

Guardar

Disque TV- 18º emisión.

Bufff... vaia semaniña. Non queremos rematala sen emitir nada.

En disque noticias falamos dun contacontos ao que asistimos toda ed. infantil e primaria.

En Hoxe Falamos Con... tivemos a sorte de contar coa presenza de Manuel Corbacho, Secretario e profesor de tecnoloxía do CPI Santa Lucía.

 

Disque TV- 17º emisión.

Entramos no último mes de curso. A nós aínda nos queda algúns programas por emitir. Hoxe saen a luz dous programas. En Disque Noticias falamos dunha visita que realizamos 5ºB e 6ºA a TVG e o aeroporto. Ademais os nosos compañeiros de Moraña No Mundo trasládannos a Irlanda.

 

Disque TV- 16º emisión

Hoxe en Disque Noticias temos unha reportaxe sobre a carreira solidaria en favor de Save the Children.

 

Disque TV- 15º emisión

Xa vemos o final de curso. Estamos a preparar algunha sorpresa. Mentras imos a visitar Xenebra da man dos alumnos de 6º A que estiveron a conversar con Marisa e Roque dous morañeses afincados na capital suiza. Por outra banda en Hoxe Falamos Con ... tivemos unha entrevista con Paula unha das nais que colaboran no comedor..

 

Disque TV- 14º emisión.

Esta semana temos dous programas para vós. Hoxe Falamos Con... Sara Sartages, a coordinadora do Equipo de Dinamización da Lingua Galega e tamén  viaxamos a Suiza onde Romina e Manuel nos descobren ese país.

 

Guardar

Miña nai, miña naiciña...

Chámadelle unha sorpresa, chamádelle presente, chamádelle un traballo sobre a posesía adicado a persoas moi especiais...

Guardar

Disque TV- 12º emisión.

Volve Moraña No Mundo a Disque TV. Agora feito na súa totalidade polo alumnado de 6ºA. 

Xa levan tempo incluidos na nosa televisión pero polo de agora non puidéramos emitir ningún contido feito completamente por eles por problemas técnicos .

 

Disque TV-11º emisión.

Xa chegou o mércores e de novo emitimos en Disque TV.

Esta semana ofrecémovos 2 programas moi interesantes.

O primeiro é unha reportaxe especial dos servizos informativos sobre todas as charlas que houbo no cole para celebrar a Semana da Paz . Este ano tiña levaba un título curioso "Feminino Singular". Si queredes saber máis debedes ver todo o programa.

 

 

 

O segundo programa desta semana é Hoxe Falamos Con ... Andrés. Esta é a primeira visita dun pai do centro. Nesta ocasión Andrés veunos a falar do seu traballo BOMBEIRO FORESTAL. Queremos agradecerlle a súa colaboración.

 

Guardar

Guardar

Powered by Drupal - Design by artinet