PDC-XOGADE

Xogos dinámicos no Patio de EI

O alumnado de EI disfruta de novos xogos no patio: xogos de madeira de construción, triángulo Pliker (grazas ás familias pola súa colaboración), tenda tipi, balancíns, bobina, pizarra, mariola, troncos, teas. Moitas grazas a todo o profesorado por implicarse tanto en mellorar o marabillooso patio que temos en Moraña.

Álbum: Sen categoría -> Xogos patio EI

EXHIBICIÓN SALTO DE ALTURA

 

 

 

 

Roteiro por Moraña

O venres 5 de marzo saímos de camiñata pola ruta biosaudable de Moraña. Fixemos un roteiro de 6 km co alumnado de 2EP. Proxecta PDC. Proxecto de vida activa e deportiva

Álbum: Sen categoría -> Roteiro en Moraña

BINGO SAUDABLE DO NADAL

 

 

 

 

 

4º A

 

 

 

 

 1º B

 

 

 

 

 

1º C 

 

 

 

 

2ºA

 

Andaina 2º EP

O xoves 5 de novembro, o alumnado de 2º de primaria levou a cabo unha andaina pola contorna de Moraña. Ademais de realizar exercicio físico ao aire libre, puidemos admirar a máxica paisaxe outonal.

Álbum: Sen categoría -> Andaina 2º EP

Saída de 5º EI pola contorna máis próxima

A aula de 5º de Educación Infantil fixemos unha saída polo entorno próximo de recoñecemento da paisaxe no outono. Levabamos unha tarxeta onde tiñamos identificadas especies naturais, tanto animais coma vexetais que podiamos atopar, e fomos marcando aquelas que fomos observando. Tamén levamos un libro de consulta, para buscar o nome de posibles cousas que atopabamos e non sabíamos que eran exactamente.

Álbum: Sen categoría -> 5º EI

Merendas Saudables

Somos conscientes de que unha dieta saudable é un piar fundamental para unha boa saúde. Por iso as prácticas educativas van encamiñadas a concienciar ao noso alumnado sobre a importancia de ter uns bos hábitos alimenticios.

O noso alumnado no recreo podía coller froita fresca cada día, e na etapa de Educación Infantil e en 1º e 2º de Educación Primaria elaboraron uns calendarios de merendas saudables para os recreos.

Álbum: Sen categoría -> Merendas Saudables

Confinamento

Neste terceiro trimestre dada a situación de confinamento creada pola pandemis do COVID-19 en EF quixemos fomentar e motivar ao noso alumnado para a realización de actividade física dentro da casa ou en espazos reducidos como xardíns, patios ou fincas dando así continuidade ao noso proxecto PDC-Xogade "Always Active in MOraña".

O obxectivo principal era conseguir mellorar a vida activa e saudable e que o alumnado afrontara as actividades propostas como algo lúdico e voluntario, e plantexámolas como actividades para momentos de dispersión e de entretenimento cos familiares. As actividades estaban vinculados ao acondicionamento físico, xogos, baile e a expresión corporal. Tiñamos 8 apartados que eran:

1.- PAUTAS XERAIS: Danse unhas pautas en relación coa importacia de manter dentro da casa unha actividade física constante e alimentación variada.

2.-QUECEMENTOS: Nocións básicas para realizar quecementos en espazos reducidos.

3.-A XOGAR: Explícanse xogos para realizar en espazos reducidos.

4.-SUPÉRATE A TI MESMO/A: Son RETOS con actividade física propostos polos profesores.

5.-COMPAÑEIROS ACTIVOS: Cada alumno/a proón retos e os seus compañeiros intentan facelos e comparten os vídeos dos xogos, retos, actividades físicas...pasando por un proceso de edición para facelos máis motivantes e atractivos.

6.-EU QUEDO NA CASSA: Iniciativa que xorde dun vídeo dunha alumna onde cunha canción do confinamento teñen que realizar unha pequena coreografía elaborándose unha montaxe final con partes de todos os vídeos recibidos.

7.-HAPPY ROCK: Creación dunha canción e un videoclip tendo como base a canción "We will rock you" do grupo Queen.

8.-ZUMBA TIME: Clases de zumba explicadas mediante vídeos para aprender unha coreografía sinxela.

9.-OPERACIÓN CUARENTENA: Proponse ao alumnado un enlace web con múltiples recursos con actividades físicas, xogos, bailes para que realicen ao longo do confinamento (tanto no interior coma no exterior).

GRAZAS A TODOS POR PARTICIPAR

Álbum: Sen categoría -> Confinamento

Orientación

O martes 18 de febreiro o alumnado de 1º de ESO de "Afondamento da Educación Física" e todo o alumnado de 2º de ESO participaron na carreira Zonal de ORIENTACIÓN DEPORTIVA que se celebrou nas instalacións do Casino Mercantil de Pontevedra, organizado polo Servizo Provincial de Deportes. Esta actividade forma parte do plan "XOGADE" no que o noso centro participa tamén nas modalidades de Campo a Través, Bádminton e Atletismo. Os rapaces e rapazas de Moraña disfrutaron deste deporte en plena natureza e aínda que lles custou completar o percorrido na hora que tiñan para desenvolvelo, traballaron arreo e  deron o mellor deles mesmos en equipo. NORABOA!!!!!!

Álbum: Curso 2019/2020 -> Orientación

Powered by Drupal - Design by artinet