Novas comedor

Apertura do prazo de admisión de colaboradores/as para o comedor escolar 2018/2019

ANUNCIO DE APERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN DE MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA DO CPI SANTA LUCÍA, COMO COLABORADORES/AS VOLUNTARIOS/AS NAS TAREFAS DE ATENCIÓN E APOIO AO ALUMNADO USUARIO DO COMEDOR ESCOLAR DURANTE O CURSO 2018-2019.

As nais, os pais, os/as titores/a legais e os/as acolledores/as familiares do alumnado deste centro de ensino, que desexen, ao longo do curso 2018-2019, colaborar de xeito altruísta nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar, poderán apuntarse nas listas de admisión, que, habilitadas para este fin, se atopan na Dirección.

O prazo para presentar solicitudes permanecerá inicialmente aberto ata o día 11 de setembro de 2018, podéndose reabrir un novo prazo, de ser o caso, ata o 21 de decembro de 2018.

Durante o curso escolar 2018-2019 só se contará coa colaboración das persoas que figuren anotadas nestas listas.

Documentación a achegar

 

Solicitude de utilización do servizo de comedor escolar para o ano 2018/2019.

    O vindeiro 21 de xuño entregarase o impreso de solicitude de utilización do servizo de comedor escolar para o curso 2018/2019 ao alumnado de 4º a 6º de infantil e de 1º a 5º de primaria do CPI Santa Lucía que actualmente emprega este servizo.

     O alumnado que no curso 2018/2019 vaia cursar estudos de Educación secundaria obrigatoria, poderá cubrir a solicitude de utilización do servizo de comedor escolar que se inclúe no sobre de matrícula que se lle entregará xunto co boletín de cualificacións.

     O alumnado que no curso actual non estea empregando este servizo e queira solicitalo para o vindeiro curso, pode pedir os impresos na conserxería do centro.

Comedor_Fajitas

O outro día comimos fajitas no comedor. Sabedes como se preparan?

 

 

Apertura do prazo de admisión de colaboradores/as para o comedor escolar

ANUNCIO DE APERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN DE MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA DO CPI SANTA LUCÍA, COMO COLABORADORES/AS VOLUNTARIOS/AS NAS TAREFAS DE ATENCIÓN E APOIO AO ALUMNADO USUARIO DO COMEDOR ESCOLAR DURANTE O CURSO 2017-2018.

 

As nais, os pais, os/as titores/a legais e os/as acolledores/as familiares do alumnado deste centro de ensino, que desexen, ao longo do curso 2017-2018, colaborar de xeito altruísta nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar, poderán apuntarse nas listas de admisión, que, habilitadas para este fin, se atopan na Dirección.

O prazo para presentar solicitudes permanecerá inicialmente aberto ata o día 11 de setembro de 2017, podéndose reabrir un novo prazo, de ser o caso, ata o 21 de decembro de 2017.

Durante o curso escolar 2017-2018 só se contará coa colaboración das persoas que figuren anotadas nestas listas.

Moraña, 3 de xullo de 2017

A dirección

 

Solicitude para presentarse como colaborador/a

Documentación a achegar

 

SOLICITUDE DE UTILIZACIÓN DO SERVIZO DE COMEDOR ESCOLAR PARA O ANO 2017/2018

     O vindeiro venres 23 de xuño entregarase o impreso de solicitude de utilización do servizo de comedor escolar para o curso 2017/2018 ao alumnado de 4º a 6º de infantil e de 1º a 5º de primaria do CPI Santa Lucía que actualmente emprega este servizo.

     O alumnado que no curso 2017/2018 vaia cursar estudos de Educación secundaria obrigatoria, poderá cubrir a solicitude de utilización do servizo de comedor escolar que se inclúe no sobre de matrícula que se lle entregará xunto co boletín de cualificacións.

     O alumnado que no curso actual non estea empregando este servizo e queira solicitalo para o vindeiro curso, pode pedir os impresos na conserxería do centro.

 

 

AVISO HORARIO DE AUTOBUSES NO INICIO DE CURSO

Estimadas familias:

Informámosvos de que os días 12, 13 e 14 de setembro os autobuses recollerán ao alumnado de Infantil e Primaria no centro ás 15.15h. A partir do xoves 15, co inicio das clases en Secundaria, o horario de recollida será ás 16.00h.

Un saúdo,

Silvia Padrón

directora

APERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN DE COLABORADORES PARA O COMEDOR ESCOLAR

ANUNCIO DE APERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN DE MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA DO CPI SANTA LUCÍA COMO COLABORADORES VOLUNTARIOS NAS TAREFAS DE ATENCIÓN E APOIO AO ALUMNADO USUARIO DO COMEDOR ESCOLAR DURANTE O CURSO 2016/17.

 

As nais, os pais e os/as titores/as legais e os/as acolledores/as familiares do alumnado do CPI Santa Lucía que desexen, ao longo do curso 2016/17, colaborar de xeito altruísta nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar, poderán presentar unha solicitude de admisión ante a Dirección do centro.

O prazo para presentar solicitudes permanecerá inicialmente aberto ata o día 09 de setembro de 2016, podéndose reabrir un novo prazo, de ser o caso, ata o 20 de decembro de 2016.

Durante o curso escolar 2016/17 só se contará coa colaboración das persoas que figuren anotadas nestas listas.

 

Solicitude para presentarse como colaborador/a.

Información sobre a documentación que se debe achegar.

 

NOTA:

Hai que ter en conta que o servizo de comedor escolar comezará o día 12 de setembro.

O Consello Escolar nomeará ás persoas colaboradoras antes desa data.

As persoas que figuren nas listas de admisión antes da data de nomeamento por parte do Consello Escolar terán prioridade sobre as que se presenten con posterioridade.

En caso de non haber suficientes solicitudes para atender as necesidades de colaboración, os/as colaboradores/as restantes serán nomeados/as por orde de presentación.

Solicitude de utilización do servizo de comedor escolar para o ano académico 2016/17.

Xúntase a documentación necesaria para solicitar praza no comedor escolar para o curso 2016/17:

- Solicitude de utilización do servizo de comedor escolar.

- Anexo II Modelo de autodeclaración e especificacións.

- Instrucións.

A documentación poderá entregarse na Secretaría do centro a partir do 1 de xullo. Poderá descargarse nesta web e tamén se repartirá ao alumnado do centro nos vindeiros días.

A dirección.

Powered by Drupal - Design by artinet