31 de Maio, Día Mundial sen tabaco

O 31 de Maio conmemórase en todo o mundo o Día Mundial sen tabaco. Neste momento que estamos a vivir, débemos darlle maior prioridade, se cabe, á saúde pública e individual. Para iso, dende o CPI Pluringüe Santa Lucía, a través do Proxecto de prevención das condutas adictivas dos concellos de Cuntis, Barro, Campo Lameiro, Moraña e Portas, queremos sumarnos á OMS, apoiando a súa campaña de promoción do abandono do consumo de tabaco e continuar coa campaña de contramárketing do ano pasado coa que se pretende contrarrestar as artimañas que dende a industria tabaqueira se están levando a cabo para captar novos clientes e clientas que substitúan ós millóns que van perdendo polas mortes prematuras que causa o consumo de tabaco.

A continuación incluimos a ligazón ao Manifesto do Día Mundial sen tabaco 2021 e a ligazón ao xogo Tabaco, canto sabes?, Co que comprobar os coñecementos que cada persoa temos sobre o tabaco e outros produtos do tabaco.

Para participar no xogo Tabaco, canto sabes? clica no seguinte enlace, e introduce o contrasinal PREVENCIÓN.

https://view.genial.ly/5eb3e795d4d59a0d61ff85d3/game-canto-sabes-sobre-o-tabaco

Powered by Drupal - Design by artinet