Apertura do prazo de admisión de colaboradores/as para o comedor escolar 2019/20.

ANUNCIO DE APERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN DE MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA DO CPI PLURILINGÜE SANTA LUCÍA, COMO COLABORADORES/AS VOLUNTARIOS/AS NAS TAREFAS DE ATENCIÓN E APOIO AO ALUMNADO USUARIO DO COMEDOR ESCOLAR DURANTE O CURSO 2019/20.

As nais, os pais, os/as titores/a legais e os/as acolledores/as familiares do alumnado deste centro de ensino, que desexen, ao longo do curso 2019/20, colaborar de xeito altruísta nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar, poderán apuntarse nas listas de admisión, que, habilitadas para este fin, se atopan na Dirección.

O prazo para presentar solicitudes permanecerá inicialmente aberto ata o día 11 de setembro de 2019, podéndose reabrir un novo prazo, de ser o caso, ata o 20 de decembro de 2019.

Durante o curso escolar 2019/20 só se contará coa colaboración das persoas que figuren anotadas nestas listas.

Solicitude para presentarse como colaborador/a do servizo de comedor escolar.

Baremo para colaboradores/as do servizo de comedor escolar.

 

Powered by Drupal - Design by artinet