Skip to Content

Complementarias

Competición intercentros de balonmán e baloncesto. Educación Primaria.

Emocionante competición intercentros de baloncesto e balonmán en Silleda para os nosos estudantes de 5º e 6º de primaria

O pasado 25 de abril, xunto con outros centros da zona, os nosos talentosos deportistas encheron as pistas de enerxía e competitividade.

 

Foi un día cheo de emoción e camaradería, onde os nosos estudantes puideron demostrar as súas habilidades deportivas e traballar en equipo. A través do baloncesto e balonmán, aprenderon a importancia da cooperación, a disciplina e o xogo limpo.

 

Queremos agradecer a todos os participantes, adestradores e profesores que fixeron posible esta marabillosa competición. A súa labor e apoio son fundamentais para o crecemento dos nosos estudantes no ámbito deportivo e persoal. Seguiremos promovendo o deporte e os seus valores no CPI Plurilingüe de Rodeiro. 

Esta actividade forma parte do Plan Proxecta -“Proxectos de vida activa e deportiva”  , e foron acompañados polos docentes Santiago Gómez Fuentes e Francisco Javier Aguiar . 

 

Que continúen os éxitos e as grandes aventuras deportivas!"

Visita á exposición "Rompe, xoga en igualdade" no Centro Cultural Manuel Lamazares

O concello de Rodeiro, en colaboración coa Deputación de Pontevedra, presentou unha fascinante exposición de poesía visual titulada "Rompe, xoga en igualdade". As artistas Isabel Blanco e Irene Silva crearon obras con bonecsa para reivindicar a igualdade entre homes e mulleres e destacar a importancia do xogo na educación e na formación dos nenos e nenas, así como na transmisión de valores fundamentais.

 

Esta exposición é unha chamada á reflexión sobre os estereotipos de xénero e a violencia sexista que aínda persisten na nosa sociedade. As bonecas, representadas como mulleres obxecto, axúdanos a tomar conciencia e a loitar contra esta problemática social que afecta ás mulleres dende unha idade moi temperá.

 

Agradecemos a asistencia da deputada provincial María Victoria Alonso Méndez e de Irene Silva Xiráldez, directora artística da exposición, á visita guiada que realizaron para o alumnado de 3º e 4º de ESO do CPI de Rodeiro no día da súa inauguración o pasado 13 de abril. O alumnado de 1º e 2º de ESO, asi como o de 6º de Educación Primaria tamén visitou a exposición o 18 de abril

 

8 M - Día da Muller

O Día Internacional da Muller celébrase o 8 de Marzo e conmemora a loita das mulleres nunha sociedade na que aínda queda moito que visibilizar na desigualdade de xénero. Por elo, a Concellería de Igualdade organiza a proxección do documental  “Mulleres de Rodeiro. Mudando o cotiá”. 

 

En cooperación co CPI de Rodeiro, acudirán a esta proxección o alumnado de Educación Secundaria ao Centro Cultural “Manuel Lamazares”. Posterior á proxección, o alumnado poderá participar nun coloquio coas protagonistas. 

 

09 de febreiro. Charla sobre acoso escolar.

Un curso mais, o alumnado do noso centro está a recibir formación dentro do programa “Plan Director para a convivencia e mellora da seguridade nos centros educativos”, desenvolvido polas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado. A proposta de actividades deste plan inclúe formación sobre temas relevantes como os riscos asociados ao uso de redes sociais, consumo de alcol e estupefacientes ou o acoso escolar, entre outros. 

Nesta ocasión, a actividade realizada o pasado 09 de febreiro foi destinada a todo o alumnado de Educación Secundaria. A formación e información preventiva xirou en torno á temática do acoso escolar (tipos de acoso, indicadores de bullying, consecuencias, etc). 

Debemos fomentar no noso alumnado os valores do respecto, tolerancia e empatía cara os demais. 

 

Queremos agradecer á Garda Civil a súa labor cos nosos rapaces e rapazas e felicitar ao noso alumnado polo seu comportamento durante esta actividade na que participaron de forma activa preguntando as súas dúbidas sobre esta temática.

C@nto contigo - Educación Infantil e Primaria


O pasado  xoves 14 de decembro, o alumnado de Infantil e Primaria do CPI de Rodeiro acudiu á Casa da Cultura para gozar dun espectáculo de cancións infantís. 

Paco Nogueiras, co espectáculo C@nto Contigo fai un percorrido polos seus traballos con cancións para participar activamente, bailando e sen complexos, acompañando coa voz, palmas ou acenos.

Plan Director - Educación Secundaria Obrigatoria

 

O pasado 22 de novembro, a Garda Civil visitou o CPI de Rodeiro dentro das actuacións do Plan Director que este corpo de seguridade desarrolla no ámbito educativo. 

Nesta actividade o alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º da ESO coñeceron os riscos aos que se enfrontan ao navegar por Internet. 

O Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos está orientado á prevención das principais ameazas detectadas para a seguridade da mocidade, fomentar a confianza do alumnado, proxenitores e docentes nas Forzas e Corpos de Seguridade e desarrollar condutas para a denuncia de situacións e delitos dos que poidan ser vítimas.

A cabaleira. Un contacontos especial ao estilo medieval.

O vindeiro día 22 de novembro o Centro Cultural “Manuel Lamazares” acollerá a obra A Cabaleira, da compañía Medievándalos. Esta obra é unha proposta teatral para abordar entre as crianzas de 6 a 12 anos a igualdade entre homes e mulleres e encádrase na programación do Concello de Rodeiro para conmemorar o 25 de novembro, Día para a eliminación da violencia contra as mulleres.

 

A hora da actuación é as 10:30h. e en cooperación co CPI de Rodeiro acudirán a vela todo o alumnado de primaria do centro escolar.

 

O Magosto do CPI de Rodeiro. Venres 11 de novembro.

Equipo de Dinamización da Lingua Galega. 

Prevención ante riscos do consumo de drogas e alcohol - Educación Secundaria

O pasado venres 21 de outubro,  organizouse unha charla sobre a Prevención ante os riscos derivados do consumo de drogas e alcohol” dentro do Plan Director do CPI de Rodeiro.


Dentro das actividades deste plan, realizáronse sesións formativas para o alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de Educación Secundaria encamiñadas á prevención en idades temperás do consumo de alcohol e drogas. A formación foi realizada por persoal especializado da Garda Civil.

 

Con ciencia de muller - Educación Primaria

 

 

 

O pasado mércores 19 de outubro tivo lugar a actividade Con ciencia de muller para o alumnado de 3º,4º,5º e 6º de Educación Primaria, en colaboración coa ANPA Xulio Lois de Rodeiro.

Unha animadora, caracterizada como científica, presentou de forma lúdica a algunhas das científicas galegas máis destacadas, dando exemplos dos seus logros nos seus respectivos campos e amosándoas como referentes para as xeracións presentes e futuras. Na presentación intercalaráronse experimentos sorprendentes para o alumnado que realizaron eles/as mesmos/as, buscando fomentar o interese pola ciencia, especialmente entre as nenas. 

Nos últimos minutos, a monitora falou da situación das mulleres na ciencia, aportando datos como que tan só o 20% das persoas científicas en España son mulleres. A rama STEM é menos preferida entre as mulleres polos roles establecidos socialmente. 

Tamén se mostraron exemplos e referentes de mulleres científicas como Ángeles AlvariñoRamona Vaamonde ou Begoña Vila Costas, e as aportacións que fixeron á comunidade científica nos seus respectivos campos de investigación.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut