Skip to Content

Complementarias

Contos violetas - Educación Primaria

O pasado luns 17 de outubro organizouse a actividade encamiñada a fomentar a igualdade "Contos violetas" para o alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria, en colaboración coa ANPA Xulio Lois de Rodeiro. 

Un conto pode ser unha ferramenta para acompañar ás crianzas nunha vida máis xusta, humana e liberadora. A través de historias mostrouse a diversidade entre as persoas, para animalas a que se  amosen como son. 

A nosa aula do medo no CPI de Rodeiro

 

Estimadas familias: 

Pedimos a vosa colaboración para que conxuntamente cos vosos fillos e fillas nos axudedes a crear a nosa "aula do medo" facendo unha manualidade arrepiante! 

Morcegos, arañas, monstros, bruxsa, vampiros, esqueletos, gatos enfurruñados ... empregando material de refugallo, baleirando unha cabaza e decorando, etc.

Moitas gracias de antemán pola vosa colaboración. 

Distribuir contido


by Dr. Radut