Skip to Content

Lingua galega

1º ESO. LINGUA GALEGA E LITERATURA

Ola a todos.

Estes días na casa ofrecen a posibilidade de mellorar a lectura e a escritura, dúas actividades prioritarias que podedes traballar vós de forma autónoma.

Propóñovos ler, diariamente, en silencio e en voz alta (buscade calquera texto do voso interese) e escribir un diario destes días de encerro forzoso que, seguro, serán difíciles de esquecer; podedes comezar recordando esta semana que pasou para, a partir de agora, escribir día a día.

Ademáis, déixovos este texto para que escrivades seguindo as indicacións.

A HISTORIA DO GATO GORDO

          Unha muller tiña un gato. Ao principio era un gatiño bonito, un gatiño coma de xoguete, cunha pinta negra no naríz. A muller estaba namorada do animal. De noite permitíalle durmir na súa cama; cada mañá cepilláballe o pelo con loción capilar e lle poñía cintas de cor rosa arredor do pescozo. Alimentaba o gatiño con carne picada e fígado, con ovos, nata batida e peixe cocido.

          O gatiño converteuse nun gato grande que bufaba e rabuñaba cando non conseguía o que quería. Pero iso á muller parecíalle gracioso, e seguía permitíndolle ao gato durmir na súa cama.

          O gato era cada vez máis grande e máis gordo e deixábase servir pola muller. Chegou o momento en que no almorzo bebía dous litros de leite con gotiñas de vitaminas e comía dúas chuletas, empanadas e fritos. Á muller só lle quedaban os ósos para roer. Estaba cada vez máis fraca e máis pálida, mentres que o gato engordaba e medraba e medraba, ata que se fixo tan grande coma un tenreiro.

          Daquela o gatazo durmía só na cama e a muller tiña que enroscarse na alfombra.

Úrsula Wölfel, 29 historias disparatadas.

  • Lectura atenta do texto
  • Escribe un texto. Elixe entre “historia do gato ……….” “historia do/da …………. gordo/-a”  ou “historia do/da ……………..  ……………….”.

Seguirei propoñendo outras actividades.

Coidádevos moito.

Un saúdo.

2º ESO. LINGUA GALEGA E LITERATURA

Ola a todos.

Estes días na casa ofrecen a posibilidade de mellorar a lectura e a escritura, dúas actividades prioritarias que podedes traballar vós de forma autónoma.

Propóñovos ler, diariamente, en silencio e en voz alta (buscade calquera tipo de texto que sexa do voso interese) e escribir un diario destes días de encerro forzoso: podedes comezar recordando esta semana que pasou para, a partir de agora, escribir día a día. Ademáis , déixovos un texto para que escrivades seguindo as indicacións que vos marco.

A HISTORIA DA MULLER QUE QUERÍA ESTAR SEMPRE MÁIS DELGADA

Había unha muller empeñada en estar delgada. No almorzo soamente tomaba unha cullerada de requeixo desnatado e unha taza de infusión adelgazante. Despois ía ao despacho. Alí, na pausa do mediodía, lía unha receita do seu libro de cociña para adelgazar. Cando tiña moita fame podía ler incluso dúas receitas. Con iso era abondo.

Para a cea preparaba unha ensalada de pastillas para adelgazar, con sal e zume de limón. Os domingos engadíalle un pouco de mostaza á súa ensalada de pastillas.

A muller quedou moi delgada. Pero quería estar máis delgada aínda.

Unha vez, na pausa do mediodía, volveu ler o seu libro de cociña para adelgazar. Estaba un pouco cansa e quedou durmida, e o libro cerrouse de súpeto. Pouco despois, os compañeiros regresaron do comedor. Ao principio só distinguiron o libro sobre o escritorio. Despois atoparon a muller: estaba de marcapáxinas entre a 48 e a 49.

Úrsula Wölfel, 29 historias disparatadas.

  • Lectura atenta do texto
  • Sinónimos de : cansa, pastillas, delgada; son palabras que se repiten.
  • Crea unha historia disparatada. Pon atención ao final da historia para que resulte inesperado ou humorístico, e ao título para que non rompa a sorpresa.

Seguirei propoñendo outras actividades.

Coidádevos moito.

Un saúdo

3º ESO. LINGUA GALEGA E LITERATURA

Bo día a todos.

Neste período de permanencia forzosa na casa, propóñovos que destinedes un tempo á lectura e a levar un diario persoal destes días de encerro que, seguro, non esqueceremos nunca. Como texto inspirador, transcribo un fragmento do poema de Kitty O´Meara que está circulando moito na rede:

 E a xente quedou na casa.

 E lía  libros, e escoitaba.

 E descansaba e facía exercicio.

 E creaba arte e xogaba.

 E aprendía novas formas de ser,

 de estar quieta.

 E escoitaba máis profundamente.

 Algúns meditaban,

 algúns rezaban,

 algúns bailaban.

 Algúns atoparon as súas sombras.

 E a xente comezou a pensar de forma diferente.

Quizais vos anime a escribir algún relato, poema ou  algunha reflexión persoal.

Por outra parte, deíxovos un texto para que traballedes con el, escribindo un comezo e unha continuación, ou só un final.

Daniela e meu pai están no salón xogando a súa partida da tarde. É un acto que se repite cada día, desde que a nena comprendeu o mecanismo e a finalidade do xadrez. Ata hai só dous veráns era eu quen ocupaba o lugar de Daniela, pero se ve que meu pai xa estaba canso da miña cara e, por que non dicilo, de que eu gañase case sempre. (…)

Polo que vin hai un momento, ao levarlles unha limoada para combater a calor do verán bonaerense, Daniela está en disposición de vencer hoxe a seu avó por primeira vez.

Ricardo Menéndez Salmón, Ceremonia. Los caballos azules

Nos próximos días volverei con outras propostas.

Ánimo e coidádevos moito.

Un saúdo.

4º ESO. LINGUA GALEGA E LITERATURA

Bo día a todos.

Neste período de permanencia forzosa na casa, propóñovos que destinedes un tempo á lectura e a levar un diario persoal destes días de encerro que, seguro, non esqueceremos nunca. Como texto inspirador, transcribo un fragmento do poema de Kitty O´Meara que está circulando moito na rede:

 E a xente quedou na casa.

 E lía  libros, e escoitaba.

 E descansaba e facía exercicio.

 E creaba arte e xogaba.

 E aprendía novas formas de ser,

 de estar quieta.

 E escoitaba máis profundamente.

 Algúns meditaban,

 algúns rezaban,

 algúns bailaban.

 Algúns atoparon as súas sombras.

 E a xente comezou a pensar de forma diferente.

Quizais vos anime a escribir algún relato, poema ou  algunha reflexión persoal.

Por outra parte, en relación co tema da literatura das Vangardas, remítovos á páx. 104. Creade os vosos propios caligramas ; tedes moitos exemplos en Internet.

Espero que estas actividades vos resulten suxestivas. Nos próximos días volverei con outras propostas.

Coidádevos moito.

Un saúdo.

SAÚDOS

Mentres dure o confinamento, estarei en contacto con vós a través desta páxina na que, periódicamente, subirei actividades e recomendacións relacionadas coa materia de Lingua Galega e Literatura.

Aproveitade este tempo para ler tódolos días e revisar os contidos vistos ata o momento.

Un saúdo

Distribuir contenido

by Dr. Radut