Skip to Content

Ed. Infantil

Nota informativa

Debido ás circunstancias actuais e excepcionais, dende o equipo de infantil, dadas as características do alumnado desta etapa educativa e a metodoloxía empregada nas nosas aulas, consideramos que é mellor para o proceso ensino-aprendizaxe dos nenos/as, non mandar tarefas específicas da aula para estes días, pero si unhas recomendacións xerais:

- Seguir cos hábitos de hixiene e autonomía persoal recomendados: lavado de mans, vestir e desvestirse sos, ir ao baño sos...

_ Ler ou contarlles contos todos os días, facer puzzles, exercicios de motricidade fina: plastilina, uso de tesoiras, rachado de papeis,..

- E o mais importante nesta etapa: XOGO LIBRE, seguindo as recomendacións da Consellería e do Ministerio de Sanidade, evitando a máximpo posible as saídas e o contacto con outras persoas.

Recordámoslles que o equipo de infantil está á vosa disposición para o que precisedes nestas direcións de correo electrónico:

marisa.lt@edu.xunta.es

soniatorres@edu.xunta.es

monicalopez24@edu.xunta.es

evaalvarezfernandez@edu.xunta.es

Agradecemos, como sempre, a vosa colaboración, moito ánimo e agardamos que esto se solucione pronto para vovlver á normalidade.

Un saúdo:

Equipo de educación infantil.

Asentamento dos Indios Sioux na Pobra

Proxecto "Pequeno Moucho". Ed. Infantil

Traballamos a tribu dos Indios Souza (Sioux)

As abellas

 

[Curso 2017-18]

Distribuir contenido


by Dr. Radut