Skip to Content

A MEDIDA DO TEMPO

Ao longo do tempo, para saber cando ocorren e canto duran os sucesos, o ser humano foi inxeniando e inventando diversos sistemas, inxenios e instrumentos para medir o tempo.

 Para medir períodos curtos de tempo utilizamos o RELOXO.

Fai moitos anos como no había tecnoloxía os reloxos eran de area e solares.

 Co paso do tempo foron incorporando diferentes mecanismos de precisión, engranaxes, poleas, corda... ata chegar ao día de hoxe no que temos reloxos en infinidade de aparellos e lugares diferentes.

Para medir períodos longos de tempo temos OS CALENDARIOS.

As civilizacións, culturas e tribos da prehistoria e da antigüidade estableceron diferentes calendarios. Os primeiros eran lunares.

Non está demostrado, pero moitos dos petroglifos como os da cultura castrexa parece  poderían ser algún tipo de calendario:

Os exipcios tiñan un calendario que medía as variacións da posición so sol.

 

Foron os Romanos os que empezaron a medir os meses e anos coma na actualidade.

Que gran cultura a romana, verdade? Deixáronnos  linguas, arquitectura, inventos, leis, estradas, números (despois os veremos) e tamén o calendario.

Moitos dos nomes dos meses son de deuses romanos ( Juno-xuño, Afrodita-abril, Maia-maio, Jano-xaneiro...) outros teñen o nome do seu número (setembro-sete, novembro-nove, decembro-dez).

Pero... como? Que dice este profe?

O mes sete é xullo, o nove setembro... está mal!

Que pasou logo??? que por motivos políticos, relixiosos e astrolóxicos, e despois de moitos cambios Xulio César decidiu que o ano empezaría en Jano, que era xaneiro, os meses con "nome de número" quedaron descolocados, e para liala máis aínda algúns dos emperadores, que eran moi "egocéntricos", puxéronlle o seu nome a algún mes:

Xulio Cesar: xullo

Augusto: agosto

Foron os romanos tamén os que decidiron agrupar os días de sete en sete por semanas.

 

Como ves os nomes están adicados aos astros visibles dende a terra.

Sábado en principio era por Saturno, máis tarde cambiouse "un pouco" a forma do nome pola palabra hebrea shabbat (descanso).

Domingo, dies solis (día do sol) os cristiáns cambiaron o nome por dominicus (día do señor).

 

UNIDADES DE MEDIDA DO TEMPO

 Ademáis do día, semana, mes e ano, dos que acabamos de falar hai outras para medir períodos máis longos de tempo:

- LUSTRO: 5 anos

- DECADA: 10 anos

- SÉCULO: 100 anos

- MILENIO: 1000 anos

O SÉCULO é moi utilizada para medir e estudar o pasado e a historia.

Escríbense en números romanos:

 

 

O século 1, será o século I, comeza no ano 1 e remata no 100.

O século II vai do 101 ata o 200.

O III do 201 a o 300.

...

*OLLO CON ESTO: o ano 345, por exemplo non é do século III, é do IV. O ano 1492 non é do século 14 (XIV) é do 15 (XV) de acordo?

 

Para numerar os anos tómase como referencia o ano no que naceu Xesucristo, que é o ano 1.

 

- Para contar cousas que aconteceron antes do ano 1 decimos que pasou antes de cristo a.C. Por exemplo, a escritura inventouse no 3500 antes de Cristo (a.C.)

- Para contar cousas que ocorreron despois do ano 1, decimos que pasaron d.C (despois de cristo). Pero normalmente non se pon. Por exemplo a revolución francesa foi no ano 1789 d.C.

 

Pois xa vedes!

Historia, ciencia, tecnoloxía, cultura, sociedade, matemáticas e relixión.

Todo nunha clase!!! O que pode dar de si un calendario, verdade?

AdjuntoTamaño
a medida do tempo.odt9.35 KB


book | by Dr. Radut