Skip to Content

O TRABALLO NO SECTOR SECUNDARIO

 As actividades están no arquivo adxunto.

 

 O sector secundario agrupa os traballos que se fan nas fábricas, nos obradoiros e na construcción. Con materias primas como madeira, metais, minerais... fabrícanse diferentes produtos.

 

FÁBRICAS:

 A INDUSTRIA son as actividades que se realizan para obter un produto. As fábricas son edificios grandes onde traballa moita xente, hai máquinas e funcionan con enerxía.

As traballadoras teñen quendas e traballos especializados, cada operaria encárgase dunha tarefa como manexar ou controlar unha máquina.

A enerxía elétrica fai que funcionen todas as máquinas, cintas, robots...

As máquinas facilitan as tarefas aos traballadores. Os ordenadores axudan a controlar, automatizar e organizar todo. Os robots son capaces de facer tarefas repetitivas con precisión e seguridade.

 

Hai dous tipos de industria:

BASE: química, metalúrxica e cementeira.

DE CONSUMO: alimentaria, farmacéutica e automobilística.

 

OBRADOIROS:

 Tamén empregan materias primas para obter diferentes produtos elaborados, pero de xeito máis artesanal. Os obradoiros non son tan grandes coma as fábricas. As máquinas son moito máis simples. Por exemplo un oleiro modela arxila coas súas mans coa axuda dun torno.

 

CONSTRUCIÓN:

A construción é a actividade que consiste en facer edificios e estruturas con máquinas e ferramentas empregando cemento, pedra, area, ladrillos, aceiro...

Na construción traballan moitas persoas: enxeñeiros, arquitectos, albaneis, topógrafos, encofradores, carpinteiros, pintores...

Fan edificios pero tamén outras obras como estradas, pontes, portos, túneles...

AdjuntoTamaño
Sector secundario.odt9.86 KB


book | by Dr. Radut