Skip to Content

O TRABALLO

                       O TRABALLO

 

 

As persoas necesitamos para vivir bens, produtos e servizos que non podemos conseguir por nós mesmos como podería ser a roupa, alimentos, luz, tecnoloxía... para obter gran parte de todas estas "cousas" necesitamos como xa sabedes cartos.

O traballo son as actividades que realizamos para producir, fabricar ou dar un servizo a cambio de obter diñeiro, un soldo.

POBOACIÓN ACTIVA: as persoas que ou ben traballan ou están en idade de facelo (unha persoa que está no paro tamén é poboación activa aínda que non atope un traballo).

POBOACIÓN INACTIVA: nenos, xubilados, estudantes ou persoas que non reciben un soldo polo traballo que fan.

 

CLASIFICACIÓN DOS TRABALLOS

SECTOR PRIMARIO (son os traballos dos que se obteñen as materias primas, como minerais,madeira, produtos vexetais e animais...)

 

 

 

 

 

 

 

SECTOR SECUNDARIO (traballos que transforman en fábricas ou obradoiros as materias primas en produtos elaborados).

 

 

 

 

 

 

 

 

 

SECTOR TERCIARIO (prestan servizos de todo tipo)

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

PREGUNTAS:

1) Clasifica as seguintes persoas como poboación activa ou inactiva:

parado, , mariñeira, mestre, xubilado, estudante, labrego, universitaria, médica, camareiro.

2) Fai un esquema dos tres sectores productivos do traballo poñendo 3 exemplos de cada un.

3) Pon tres exemplos de cada: materias primas vexetais, materias primas animais e materias primas minerais. Pensa nalgún produto elaborado que se poda facer con cada un.

Poño tamén estas preguntas como arquivo adxunto por se é máis  fácil para vós traballar así.

AdjuntoTamaño
O TRABALLO.odt10.07 KB


book | by Dr. Radut