Skip to Content

O CONCELLO

O CONCELLO

Unha cousa é falar de Concello de Láncara, O Corgo, Lugo ou O Páramo (é o territorio, as parroquias, barrios e lugares) e outro é O CONCELLO, que son as persoas que gobernan e organizan os servizos dun municipio/concello.

Un exemplo:

CONCELLO DE LÁNCARA, mapa

 

CASA DO CONCELLO DE LÁNCARA

 

 

Entendes a diferenza?

 

O goberno do Concello está formado polo alcalde e os concelleiros. O alcalde ou alcaldesa dirixe o goberno municipal. Os concelleiros e as concelleiras axudan en tarefas concretas (urbanismo, economía, turismo, deportes...).

Pero... como se forma este goberno?

(Isto vai ser un pouco "rollo", se non tes un bo día... tampouco lle des moitas voltas, lectura rápida e listo!)

Os habitantes do Concello votan nas eleccións municipais aos que se presentan. Os partidos políticos (PSOE, PP, BNG, PODEMOS, C´S ...) presentan para as eleccións unhas listas con homes e mulleres.

As listas que teñen máis votantes consiguen máis concelleiros, se hai poucos votos podes non conseguir ningún representante.

Pregunta... só se poden presentar os partidos políticos??? Non! hai candidatos independentes, plataformas, asociacións e agrupacións veciñais que fan e presentan as súas propias listas.

Temos un exemplo moi cerca: no Concello do Páramo nas últimas eleccións unha agrupación de electores "Todo polo Páramo" foi a lista máis votada por diante dos partidos políticos, acadou 4 concelleiros e conseguiu a alcaldía.

Despois das eleccións os candidatos máis votados son nomeados concelleiros e elixen a un alcalde, que sempre é (normalmente) o que encabeza a lista. O alcalde forma un goberno municipal elexindo a algúns dos seus concelleiros para que fagan tarefas concretas de goberno.

 

Para tomar decisións nos Concellos hai unhas reunións: OS PLENOS, nas que participan todos os concelleiros que están no goberno ou na oposición (os que non gobernan) hai propostas debates e votacións.

 

Non imos a facer unha ficha de exercicios, quero que investiguedes como xornalistas 3 cousas. Pregunta, busca, anota e mándame o traballo de investigación ao meu correo como prefiras (audio, texto, foto, video, pdf...)

1- Nome do alcalde/alcaldesa e dalgún concelleiro/concelleira do teu Concello.

2- Busca dúas áreas de goberno e traballo que existen no teu Concello e indica para que serven.

3- A casa do Concello de Láncara non sempre estivo na Pobra, sabíalo? Fai xa bastantes anos houbo incluso unha revolta veciñal por este tema... que pasou? onde estaba antes? cando foi?



book | by Dr. Radut