Skip to Content

4. OS ANIMAIS

LE CON ATENCIÓN ESTA INFORMACIÓN, REALIZA AS ACTIVIDADES DO ARQUIVO ADXUNTO.

OS ANIMAIS, COMO SERES VIVOS QUE SON REALIZAN AS TRES FUNCIÓNS VITAIS:

RELACIÓN/NUTRICIÓN/REPRODUCIÓN

 RELACIÓN: Os animais reciben información mediante os sentidos, a información vai ao cerebro e o animal responde. Xa o estudiaramos o ano pasado, cando fixemos o experimento de reaccionar pechando os ollos cando nos van tocar a cara. Hai animais que teñen supersentidos, como o olfacto dun can ou a vista dunha águia.

 

 REPRODUCIÓN: todo ser vivo para ter descentes e non desaparecer reprodúcese. A maioría dos animais teñen unha reprodución sexual, necesitan dunha parexa de distinto sexo, masculino e feminino. Clasificaremos os animais en:

 Vivíparos- cando as crías nacen do ventre da nai (mamíferos)

 Ovíparos- as crías saen de ovos (aves ou peixes)

 

 

 

 NUTRICIÓN: cando os animais obteñen alimentos e osíxeno dicimos que se están a nutrir. Clasificamos os           animais según o que comen en:

                  Carnívoros:

comen carne doutros animais, como o lobo cando cazan. Hai uns carnívoros                                                especiais que comen carne de animais mortos, como os voitres

                  Herbívoros:

aliméntanse de plantas, raíces, sementes... por exemplo a vaca, ovella, etc.

                  Omnívoros:

comen de todo, xabaril, oso, ser humano.

                  Detritívoros:

animais que se nutren de materia orgánica en descomposición como miñocas,                                            vermes, milpés...

AdjuntoTamaño
funcións vitais.odt11.61 KB


book | by Dr. Radut