Skip to Content

EXAMES DE SEPTEMBRO 2018-19

Os alumnos/as que suspenderon Educación Física no mes de xuño recibiron na entrega das notas instrucións dos titores de como recuperar a parte da materia pendente no mes de setembro. En caso de non ter esa información podedes chamar ao centro educativo e solicitar falar co profesor ata o día 24 de xullo para coñecer as características do citado exame de setembro (que terá parte teórica e parte práctica e precisará de traer roupa deportiva).

 

En calquera caso recórdase que é importante respectar as normas de entrega de traballos/resumes de cara a poder recuperar a materia en setembro. Facemos un breve recordatorio do máis importante:

- Os traballos deben presentarse en folios brancos, respectando marxes tanto superiores e inferiores coma laterais

- Deben presentarse cunha portada na que se poña cando menos o título do traballo/resumen e o nome da persoa que o fixo.

- A presentación, a caligrafía, a ortografía e a limpeza son xa moi importantes na etapa educativa en que te atopas.

- En canto aos contidos pensa o que estas escribindo e usa as túas propias palabras; copiar literalmente de outro lugar e “plagiar”.

- De ser o caso inclúe un índice dos contidos que vas a expoñer. O último punto dese índice debería ser a bibliografía e fontes de información consultadas.

 



story | by Dr. Radut