ANPA O FOPO

Xornada para familias sobre TEA

O martes 20 de xuño, en horario de 17 a 19, celebrarase unha xornada para familias sobre o Trastorno do Espectro do Autismo (TEA), organizada polo Concello de Frades e coa participación da ANPA "O Fopo". Para máis información podedes clicar na imaxe.

ACTIVIDADES ANPA. IGUALDADE

Durante a semana do 10 ao 15 de outubro teremos varias actividades organizadas pola ANPA "O FOPO", no marco das actividades para a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero, e subvencionadas pola Secretaría Xeral de Igualdade. Están dirixidas tanto para o alumando coma para as familias.

(

ACTIVIDADES ORGANIZADAS POLA ANPA. INFANTIL E PRIMARIA

Continuando coas actividades para a promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero, organizadas pola ANPA "O FOPO", o vindeiro día 22 de novembro os alumnnos de Educación Infantil asistirán á obra de teatro "Contos pola igualdade" e o día 24 tocaralle o turno aos de Educación Primaria coa obra "O pozo das señoras".

ACTIVIDADES ORGANIZADAS POLA ANPA. ESO

O pasado día 19 de outubro tivo lugar a obra de teatro "Nabiza girl", dirixida aos alumnos de ESO. Esta actividade foi organizada pola ANPA "O FOPO" no marco das actividades para a promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero, e subvencionada pola Secretaría Xeral de Igualdade.

Alumnos de ESO do CPI asistindo á obra de teatro "Nabiza girl".

Facer clic na image para alargala.

QUIZ's ANPA - 25N. Xogamos?

 

               

OBRADOIROS DA ANPA

A ANPA do CPI Ponte Carreira recibiu unha subención da Secretaría Xeral de Igualdade coa que está a levar a cabo uns obradoiros, impartidos por persoal especializado no tema, en tódolos niveis educativos. 

Powered by Drupal - Design by artinet