Secretaría

Admisión e matrícula do alumnado. 2024/2025

Pódese descargar o modelo normalizado de solicitude de admisión no seguinte enlace:

 

Fondo solidario de libros de texto 2023/2024

Están publicadas no centro as listaxes correspondentes ao reparto de libros de texto de 3º e 4º de primaria para o vindeiro curso 2023/2024. Tamén se poden recoller os vales correspondentes ás axudas para adquirir libros e material escolar. Recordamos que o horario de atención no centro é de 10 a 13 horas, ata o día 28 de xullo. 

Comedor 2023/2024

A dirección do CPI Ponte Carreira INFORMA QUE:

  • Todo o alumnado, escolarizado neste centro para o curso 2022/2023, que desexe facer uso do servizo de comedor escolar ten que solicitar a condición de usuario, para o que deberán entregar no centro o ANEXO II debidamente cuberto durante o mes de xullo en horario de 10:00 a 13:00. Máis información aquí. Instrución 2/2022 completa aquí.

  • Ábrese o plazo de admisión de membros da comunidade educativa, como colaboradoras/es voluntarias/os nas tarefas de atención e apoio ao alumnado usuario do comedor escolar durante o curso 2022/2023. Máis información aquí

Fondo solidario de libros de texto 2023/2024

Orde do 10 de maio de 2023 que regula a participación no fondo solidario e na adquisición de libros de texto e material escolar está publicada no DOG do 19 de maio de 2023 e as instrucións ao respecto están no portal educativo. Nos seguintes documentos pódese consultar toda a información relevante:

Admisión e matrícula do alumnado. 2023/2024

Infórmase que está publicada no Centro a listaxe de alumnos admitidos para o vindeiro curso 2023/2024. Todas as solicitudes teñen praza asignada. Lémbrase que o prazo de matrícula será nas últimas semanas de xuño e primeiras de xullo, nos prazos que se indicarán proximamente.

Vales adicionais de material escolar

A resolución do 5 de outubro de 2022 de concesión directa da ampliación da axuda para adquirir material escolar, regulada na Orde do 29 de abril de 2022, e publicada no DOG do 14 de outubro, establece que os beneficiarios do vale para adquirir material escolar por importe de 50 €, recibirán un vale adicional de 25 €. Infórmase de que xa está dispoñible no centro para a súa recollida, por parte dos responsables, na secretaría do edificio de primaria en horario de mañá.

Inicio de obras

Infórmase de que, por mor do inicio de obras no edificio de primaria, a atención ao público (xestión do comedor, recollida de vales do fondo de libros,...) farase no edificio de secundaria entre os días 27 e 29 de xullo en horario de 10:00 a 13:00.

Powered by Drupal - Design by artinet