O OBRADOIRO CAB VISITA O PONTE!!!

Hoxe, 26 de abril 2024, o CAB OBRADOIRO está no COLE!!!

Logo da nosa participación no concurso de debuxo infantil "Todos Xuntos co Obra" (e de resultar gañadores en dúas das categorías e con finalistas en todas elas) non podíamos ter mellor premio que a visita de Moncho Fernández, Artem Pustovyi, Jordan Howard e Rubén Guerrero no cole. Comemoramos tamén o día da infantia no deporte e vivimos unha rolda de prensa en directo e mesmo poidemos facer preguntas.

Queres revivir o momento, momentos, connosco? Preme na imaxe e verás.

(

Admisión e matrícula do alumnado. 2024/2025

Pódese descargar o modelo normalizado de solicitude de admisión no seguinte enlace:

 

GALA NADAL 2023

Queres ver as nosas actuación da Gala de Nadal o pasado 21 de decembro do 2023? Non tes máis que premer na imaxe para velas

 

Fondo solidario de libros de texto 2023/2024

Están publicadas no centro as listaxes correspondentes ao reparto de libros de texto de 3º e 4º de primaria para o vindeiro curso 2023/2024. Tamén se poden recoller os vales correspondentes ás axudas para adquirir libros e material escolar. Recordamos que o horario de atención no centro é de 10 a 13 horas, ata o día 28 de xullo. 

Comedor 2023/2024

A dirección do CPI Ponte Carreira INFORMA QUE:

  • Todo o alumnado, escolarizado neste centro para o curso 2022/2023, que desexe facer uso do servizo de comedor escolar ten que solicitar a condición de usuario, para o que deberán entregar no centro o ANEXO II debidamente cuberto durante o mes de xullo en horario de 10:00 a 13:00. Máis información aquí. Instrución 2/2022 completa aquí.

  • Ábrese o plazo de admisión de membros da comunidade educativa, como colaboradoras/es voluntarias/os nas tarefas de atención e apoio ao alumnado usuario do comedor escolar durante o curso 2022/2023. Máis información aquí

Libros de texto 2023/2024

Publícase a relación de libros de texto para o vindeiro curso 2023/2024

Xornada para familias sobre TEA

O martes 20 de xuño, en horario de 17 a 19, celebrarase unha xornada para familias sobre o Trastorno do Espectro do Autismo (TEA), organizada polo Concello de Frades e coa participación da ANPA "O Fopo". Para máis información podedes clicar na imaxe.

Fondo solidario de libros de texto 2023/2024

Orde do 10 de maio de 2023 que regula a participación no fondo solidario e na adquisición de libros de texto e material escolar está publicada no DOG do 19 de maio de 2023 e as instrucións ao respecto están no portal educativo. Nos seguintes documentos pódese consultar toda a información relevante:

Admisión e matrícula do alumnado. 2023/2024

Infórmase que está publicada no Centro a listaxe de alumnos admitidos para o vindeiro curso 2023/2024. Todas as solicitudes teñen praza asignada. Lémbrase que o prazo de matrícula será nas últimas semanas de xuño e primeiras de xullo, nos prazos que se indicarán proximamente.

Powered by Drupal - Design by artinet