Secretaría

Fondo solidario de libros de texto 2024/25

Orde do 7 de maio de 2024 que regula a participación no fondo solidario e na adquisición de libros de texto e material escolar está publicada no DOG do 20 de maio de 2024 e as instrucións ao respecto están no portal educativo. Nos seguintes documentos pódese consultar toda a información relevante:

Admisión e matrícula do alumnado. 2024/2025

Pódese descargar o modelo normalizado de solicitude de admisión no seguinte enlace:

 

Fondo solidario de libros de texto 2023/2024

Están publicadas no centro as listaxes correspondentes ao reparto de libros de texto de 3º e 4º de primaria para o vindeiro curso 2023/2024. Tamén se poden recoller os vales correspondentes ás axudas para adquirir libros e material escolar. Recordamos que o horario de atención no centro é de 10 a 13 horas, ata o día 28 de xullo. 

Comedor 2023/2024

A dirección do CPI Ponte Carreira INFORMA QUE:

  • Todo o alumnado, escolarizado neste centro para o curso 2022/2023, que desexe facer uso do servizo de comedor escolar ten que solicitar a condición de usuario, para o que deberán entregar no centro o ANEXO II debidamente cuberto durante o mes de xullo en horario de 10:00 a 13:00. Máis información aquí. Instrución 2/2022 completa aquí.

  • Ábrese o plazo de admisión de membros da comunidade educativa, como colaboradoras/es voluntarias/os nas tarefas de atención e apoio ao alumnado usuario do comedor escolar durante o curso 2022/2023. Máis información aquí

Fondo solidario de libros de texto 2023/2024

Orde do 10 de maio de 2023 que regula a participación no fondo solidario e na adquisición de libros de texto e material escolar está publicada no DOG do 19 de maio de 2023 e as instrucións ao respecto están no portal educativo. Nos seguintes documentos pódese consultar toda a información relevante:

Admisión e matrícula do alumnado. 2023/2024

Infórmase que está publicada no Centro a listaxe de alumnos admitidos para o vindeiro curso 2023/2024. Todas as solicitudes teñen praza asignada. Lémbrase que o prazo de matrícula será nas últimas semanas de xuño e primeiras de xullo, nos prazos que se indicarán proximamente.

Vales adicionais de material escolar

A resolución do 5 de outubro de 2022 de concesión directa da ampliación da axuda para adquirir material escolar, regulada na Orde do 29 de abril de 2022, e publicada no DOG do 14 de outubro, establece que os beneficiarios do vale para adquirir material escolar por importe de 50 €, recibirán un vale adicional de 25 €. Infórmase de que xa está dispoñible no centro para a súa recollida, por parte dos responsables, na secretaría do edificio de primaria en horario de mañá.

Powered by Drupal - Design by artinet