AVISO

MOI IMPORTANTE: recomendacións para acudir ao centro a realizar trámites administrativos:

Chamar previamente ao centro (881 880 671) para reservar cita previa en horario de 10:00-13:00

É suficiente con que veña unha soa persoa, prégase que non veñan acompañados.

Usar mascarilla en todo momento.

Para evitar compartir superficies de contacto é moi recomendable que traia o seu propio bolígrafo.

(

ADMISIÓN DO ALUMNADO 2020/2021

AVISO: REAPERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO

Resolución da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional do 7 de maio de 2020 sobre o restablecemento do procedemento de admisión do alumnado do 2º ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato en centros docentes sostitos con fondos públicos para o curso académico 2020/2021

1. Prazo de presentación de solicitudes de admisión do día 11 de maio de 2020 ao día 18 do mesmo mes. Impreso de solicitude

             2. Novos prazos do procedemento.

● Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo:ata o día 26 de maio de 2020.

● Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido:antes do 9 de xuño de 2020.

          ● Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte    ao da súa publicación.

● Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido:ata o 26 de xuño de 2020.

● Formalización da matrícula en educación infantil e primaria:do 1 ao 10 xullo de 2020.

● Formalización da matrícula ordinaria en educación secundaria obrigatoria e bacharelato:do 1 ao 10 xullo.

Prazo extraordinario:do 1 ao 10 de setembro de 2020.

 (

XUNTOS NISTO VENCERÉMOLO!!!

As mestras e mestres do cole queremos mandar unha mensaxe de ánimo aos nosos alumnos nestes días tan duros polos que estamos pasando. 

Estamos xuntos nisto!!!

  

RECOMENDACIÓNS

RECOMENDACIÓNS

O equipo docente fixo entrega ao alumnado do material que se recomenda traballar durantes estes 14 días non lectivos. Cada mestre/a enviou material adaptado a cada grupo tendo en conta os contidos curriculares que se están a traballar e seguirá en contacto co alumnado por diversos medios, tales como a aula virtual. 

Queremos trasladarvos unha mensaxe de calma e recomendámosvos que sigades as instruccións das autoridades competentes e que esteades atentos a toda información oficial. 

Toda información relevante serávos comunicada a través desta páxina web. 

Coidádevos, vémonos pronto!!!

(

Powered by Drupal - Design by artinet