SOLICITUDE COMEDOR ESCOLAR PARA O CURSO 2020-2021

Do 1 ao 31 de xullo poderase solicitar o servizo de comedor escolar para todos os alumnos matriculados no centro. Deberase cubrir e entregar no centro a folla de autodeclaración.

 

Os nosos graduados!!!

Pois chegou o momento de despedirnos das etapas educativas. 6º de Educación Infantil, 6º de Educación Primaria e 4º de ESO. A súa graduación virtual, para o curso marcamos un día no calendario para a presencial por e para eles, meréceno con creces. Noraboa a tod@s!!!

   

 

(

Un curso diferente!!!

Este foi sen dúbida un curso moi, moi diferente. Facendo este resumo do curso físico é o noso modo de dar as grazas a todos!!!

DEVOLUCIÓN DOS LIBROS DO FONDO SOLIDARIO E RECOLLIDA DE BOLETÍNS PARA ALUMNADO DE ESO

  • O día 23 de xuño farase a entrega de notas e a recollida dos libros de texto na aula de referencia do alumnado, agás aqueles necesarios para preparar os exames de setembro.
  • Ao alumnado de 1º, 2º e 3º ESO entregaráselles unha folla para a elección das materias optativas do vindeiro curso que deberán devolver asinadas polos proxenitores.
  • O alumnado de 4º ESO que titula en xuño levará toda a documentación necesaria para poder formalizar a matrícula no centro correspondente.

A devolución e recollida realizarase por quendas das que serán informas polas titoras do curso correspondente, e durante o proceso, respectaranse as medidas de seguridade (utilización do xel na entrada, separación física, máscara,.....) No caso de ter que asinar algún documento, é preferible que traian o seu propio bolígrafo.

Recordamos que a falta de devolución do material prestado será causa de exclusión da participación no fondo solidario e das axudas para adquirir libros de texto e material escolar do curso 2020-21.

 

ADMISIÓN DE ALUMNADO

ALUMNADO ADMITIDO 2020-2021

Houbo oito solicitudes novas  para 4º de educación infantil e unha para 1º de ESO.

Todos foron admitidos, aínda que pola lei de protección de datos non podemos publicar aquí os seus nomes.

 

RECOLLIDA DE LIBROS

A dirección do centro informa:

Dende o momento que se levantaron as restricións de movemento coincidentes coa fase II da desescalada, poden os proxenitores vir recoller os material dos seus fillos/as ao centro educativo.

Para unha mellor organización aconséllase solicitar cita previa no teléfono 881 880 671.

Tendo en conta que a devolución dos libros de texto do curso 2019-20 se fará entre o 23-06-2020 e o 07-07-2020 *, recoméndase, sempre que sexa posible, que a recollida e a devolución se fagan o mesmo día.

Para tal efecto o centro elaborará un calendario que lle fará chegar a través das titoras.

 

*agás para o alumnado de ESO que teña materias pendentes para setembro.

 

FONDOLIBROS

Para  acceder á orden completa prema aquí

Para consultar as instrucións acceda ao arquivo adxunto ou prema aquí

Para cumprimentar solicitude prema aquí

Se quere consultar a carta enviada ás familias pode facelo aquí ou no arquivo adxunto

 

 

ADAPTACIÓNS DAS PROGRAMACIÓNS DOS CURSOS DE E.P. E E.S.O.

Atendendo as Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia, publícanse as adaptacións das programacións dos cursos de E.P. e E.S.O.

(

Powered by Drupal - Design by artinet