GRADUCACIÓN 2021

Preme na imaxe para ver as fotos. NORABOA!!!

FONDO LIBROS 2021/2022

Nos próximos días procederase a enviar, a través do alumnado, unha circular explicativa e unha serie de documentos que están relacionados co fondo solidario de libros de texto e cas axudas destinadas a libros e material escolar, así como con outras cuestións organizativas de cara ao vindeiro curso 2021/2022.

Pódese consultar toda a información e os distintos documentos nos seguintes enlaces:

Admisión e matrícula do alumnado. 2021/2022

Infórmase que está publicada no Centro a listaxe definitiva de alumnos admitidos para o vindeiro curso 2021/2022. Todas as solicitudes teñen praza asignada. Lémbrase que o prazo de matrícula para educación infantil e primaria é do 20 ao 30 de xuño, mentres que para secundaria é do 25 de xuño ao 10 de xullo.  

COLABORADORES DE COMEDOR

Anuncio de apertura do prazo de admisión de membros da comunidade educativa do CPI Ponte Carreira, como colaboradores voluntarios nas tarefas de atención e apoio ao alumnado usuario do comedor escolar durante o presente curso 2020/2021. Máis información aquí

Día Mundial do Síndrome de Down

Onte foi o Día Mundial do Síndrome de Down e hoxe no cole sumámonos á iniciativa de Down Galicia dos #calcetinsdesparellados

Powered by Drupal - Design by artinet