ACTIVIDADES ORGANIZADAS POLA ANPA. INFANTIL E PRIMARIA

Continuando coas actividades para a promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero, organizadas pola ANPA "O FOPO", o vindeiro día 22 de novembro os alumnnos de Educación Infantil asistirán á obra de teatro "Contos pola igualdade" e o día 24 tocaralle o turno aos de Educación Primaria coa obra "O pozo das señoras".

ACTIVIDADES ORGANIZADAS POLA ANPA. ESO

O pasado día 19 de outubro tivo lugar a obra de teatro "Nabiza girl", dirixida aos alumnos de ESO. Esta actividade foi organizada pola ANPA "O FOPO" no marco das actividades para a promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero, e subvencionada pola Secretaría Xeral de Igualdade.

Alumnos de ESO do CPI asistindo á obra de teatro "Nabiza girl".

Facer clic na image para alargala.

LISTAXE DEFINITIVA FONDOLIBROS 2021/2022

Están publicadas no taboleiro do edificio de Secundaria as listaxes definitivas do Fondo solidario de libros. Poden consultar as listaxes acudindo ao centro, chamando por teléfono ao 881 88 06 72 ou mediante a aplicación Fondolibros, no menú lateral cidadán accedendo con certificado electrónico ou chave 365.

COMEDOR 2021/2022

A dirección do CPI Ponte Carreira INFORMA QUE:

  • Todo o alumnado, escolarizado neste centro para o curso 2021/2022, que desexe facer uso do servizo de comedor escolar ten que solicitar a condición de usuario, para o que deberán entregar no centro o ANEXO II debidamente cuberto durante o mes de xullo en horario de 10:00 a 13:00 no edificio de secundaria. Convocaráselles por cursos a través de ABALAR. Máis información aquí.
  • Ábrese o plazo de admisión de membros da comunidade educativa, como colaboradoras/es voluntarias/os nas tarefas de atención e apoio ao alumnado usuario do comedor escolar durante o curso 2021/2022. Máis información aquí

LIBROS DE TEXTO 2021/2022

Publícase a lista dos libros de texto que se van a empregar no vindeiro curso 2021-2022:

Powered by Drupal - Design by artinet