Secretaría

FONDO LIBROS 2021/2022

Nos próximos días procederase a enviar, a través do alumnado, unha circular explicativa e unha serie de documentos que están relacionados co fondo solidario de libros de texto e cas axudas destinadas a libros e material escolar, así como con outras cuestións organizativas de cara ao vindeiro curso 2021/2022.

Pódese consultar toda a información e os distintos documentos nos seguintes enlaces:

Admisión e matrícula do alumnado. 2021/2022

Infórmase que está publicada no Centro a listaxe definitiva de alumnos admitidos para o vindeiro curso 2021/2022. Todas as solicitudes teñen praza asignada. Lémbrase que o prazo de matrícula para educación infantil e primaria é do 20 ao 30 de xuño, mentres que para secundaria é do 25 de xuño ao 10 de xullo.  

Admisión e matrícula do alumnado. 2021/2022

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Pódese descargar o modelo normalizado de solicitude de admisión no seguinte enlace:

 

AVISO INICIO DO SEGUNDO TRIMESTRE

Recordamos a toda a comunidade educativa que o venres 8 de xaneiro foi o día que se escolleu no Centro como non lectivo, polo que a volta ás aulas para o 2º trimestre será o luns 11 de xaneiro.

Feliz Ano Novo!!

MÁSCARAS PARA O ALUMNADO

Está publicada no Centro a listaxe definitiva de alumnos admitidos no reparto de máscaras, tal como recolle a ORDE  do  6  de  novembro  de  2020  pola  que  se  regulan  os  criterios  e  o  procedemento  de  distribución  de  máscaras  entre  o  alumnado  matriculado  en  educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21

O xoves 10 comezaremos co reparto de máscaras entre o alumnado.

SOLICITUDES DE MÁSCARAS PARA O ALUMNADO

Ábrese o prazo para a solicitude de máscaras entre o alumnado, tal como recolle a ORDE  do  6  de  novembro  de  2020  pola  que  se  regulan  os  criterios  e  o  procedemento  de  distribución  de  máscaras  entre  o  alumnado  matriculado  en  educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21

O alumnado que foi beneficiario da axuda para adquirir material escolar NON ten que presentar a solicitude.

Pode presentar solicitude o alumnado que non fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar por diferentes circunstancias, pero:

a) Pertenza a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.

b) Estea matriculado en educación especial, ou suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia ou teña unha discapacidade igual ou superior ao 65 %, con independencia da renda da unidade familiar.

O prazo para presentar as solicitudes remata o día 27 de novembro de 2020. Pódese descargar o impreso de solicitude no seguinte enlace:

Anexo I e II_ED330E

Plan COVID e Plan de continxencia

Dada a situación creada polo COVID-19, o Centro, atendendo ao Protocolo de adaptación ao contexto da COVID-19 nos centros de ensino non universitario de Galicia para o curso 2020-2021, elaborou os seguintes documentos, que poñemos no seu coñecemento:

Máscara comedor

Recordámoslles aos usuari@s do servizo de comedor que deben traer un portamáscaras para gardar a máscara mentres comen.

AVISO!!!

Produciuse un erro nunha serie de mensaxes que citaban ás familias para a reunión de principio de curso o vindeiro luns día 7.

Os horarios son como seguen:

Grupo Horario
4º EI 10:00
5º EI 10:30
6º EI 11:00
1º EP 11:30
2º EP 12:00
3º EP 12:30
4º EP 13:00
5º/6º EP 13:30

 

 

 

 

 

 

 

 

Recoméndase que acuda soamente un dos proxenitores.

Os asistentes deben de esperar na entrada do centro a que o titor os avise para entrar e comezar a reunión.

 

 

Calendario exames de setembro.

 Para ver o calendario de exames de setembro prema aquí.

Powered by Drupal - Design by artinet