Inicio de obras

Infórmase de que, por mor do inicio de obras no edificio de primaria, a atención ao público (xestión do comedor, recollida de vales do fondo de libros,...) farase no edificio de secundaria entre os días 27 e 29 de xullo en horario de 10:00 a 13:00.

Fondo solidario de libros de texto 2022/2023

Están publicadas no centro as listaxes provisionais do fondo solidario de texto para 3º e 4º de primaria do vindeiro curso 2022/2023. Asimesmo, pódense consultar na aplicación Fondolibros, á que poden acceder con certificado electrónico ou chave 365, no menú cidadán. 

Comedor 2022/2023

A dirección do CPI Ponte Carreira INFORMA QUE:

  • Todo o alumnado, escolarizado neste centro para o curso 2022/2023, que desexe facer uso do servizo de comedor escolar ten que solicitar a condición de usuario, para o que deberán entregar no centro o ANEXO II debidamente cuberto durante o mes de xullo en horario de 10:00 a 13:00. Máis información aquí. Instrución 2/2022 completa aquí.

  • Ábrese o plazo de admisión de membros da comunidade educativa, como colaboradoras/es voluntarias/os nas tarefas de atención e apoio ao alumnado usuario do comedor escolar durante o curso 2022/2023. Máis información aquí

Libros de texto 2022/2023

Publícase a relación de libros de texto para o vindeiro curso 2022/2023

Fondo solidario de libros de texto 2022/2023

A Orde do 29 de abril de 2022 que regula a participación no fondo solidario e na adquisición de libros de texto e material escolar está publicada no DOG do 18 de maio de 2022 e as instrucións ao respecto están no portal educativo. Nos seguintes documentos pódese consultar toda a información relevante:

Admisión e matrícula do alumnado. 2022/2023

Infórmase que está publicada no Centro a listaxe de alumnos admitidos para o vindeiro curso 2022/2023. Todas as solicitudes teñen praza asignada. Lémbrase que o prazo de matrícula será nas últimas semanas de xuño e primeiras de xullo, nos prazos que se indicarán proximamente.

Powered by Drupal - Design by artinet