Admisión e matrícula do alumnado. 2023/2024

Infórmase que está publicada no Centro a listaxe de alumnos admitidos para o vindeiro curso 2023/2024. Todas as solicitudes teñen praza asignada. Lémbrase que o prazo de matrícula será nas últimas semanas de xuño e primeiras de xullo, nos prazos que se indicarán proximamente.

Xornada para familias sobre TDAH

O Concello de Frades organiza, coa participación da ANPA "O Fopo", unha xornada para familias sobre o trastorno por déficit de atención o mércores 26 de abril, en horario de 17 a 20 horas. 

8M. DÍA DA MULLER 2023

E aquí o video feito por Ed. Infantil e Primaria para conmemorar o DÍA DA MULLER: DEPENDE DE LOS 2, depende de tod@s!!!

GALA NADAL 2022

Xa están dispoñibles as actuacións da GALA DO NADAL 2022. Preme na imaxe e verás

FELICES FESTAS

A COMUNIDADE EDUCATIVA DO CPI PONTE CARREIRA DESÉXAVOS FELICES FESTAS

Vales adicionais de material escolar

A resolución do 5 de outubro de 2022 de concesión directa da ampliación da axuda para adquirir material escolar, regulada na Orde do 29 de abril de 2022, e publicada no DOG do 14 de outubro, establece que os beneficiarios do vale para adquirir material escolar por importe de 50 €, recibirán un vale adicional de 25 €. Infórmase de que xa está dispoñible no centro para a súa recollida, por parte dos responsables, na secretaría do edificio de primaria en horario de mañá.

ACTIVIDADES ANPA. IGUALDADE

Durante a semana do 10 ao 15 de outubro teremos varias actividades organizadas pola ANPA "O FOPO", no marco das actividades para a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero, e subvencionadas pola Secretaría Xeral de Igualdade. Están dirixidas tanto para o alumando coma para as familias.

(

Reunións de principio de curso

Premendo na seguinte táboa pódense consultar os horarios das distintas reunións de principio do curso 2022/2023

Graduación 2022

Preme na imaxe se queres ver as fotos da Graduación 2022.

E tamén podes ver as actuacións pinchando aquí.

Noraboa peques, nen@s e moz@s!!!

Powered by Drupal - Design by artinet